Quinoa

A Quinoa é moi rica en proteínas, fósforo e oligoelementos e ten un alto contido en magnesio, ferro, calcio, fibra, vitaminas B, E e C e acedos grasos non saturados e esenciais. Contén entre un 16 e un 13% de proteína de altísima calidade nutricional xa que reúne 20 aminoácidos.
É apropiada para todo o mundo e sobre todo, para pesonas vexetarianas, bebés (debido á presenza de arxinina e histidina), mulleres embarazadas, persoas que realizan grandes esforzos físicos, deportistas e para aqueles que padecen anemia ou desnutrición crónica.

Preparación:

Lavar ben os grans de quinoa ata que non formen espuma e levalos a ebullición co dobre do seu volume en auga. Cociñar durante 15 min. a lume lento. Engadir o sal ó final da cocción.

fonte: http://enbioverde.com/produto/quinoa-500g-luz-de-vida

 

proxecto fiare galiza