¿Por qué facerme socia/o da cooperativa?


Estas son algunhas consideracións sobre a actividade que levamos a cabo. Existen moitos motivos para sumarse a iniciativas como ésta. Lembra que Árbore é absolutamente independiente de partidos políticos, sindicais, etc.

ÁRBORE NON É MÁIS QUE UNHA SUMA DE PERSOAS INTERESADAS EN MELLORALA SOCIEDADE NA QUE VIVIMOS.

1. Os alimentos que comercializamos a través da Cooperativa son da máxima calidade: son máis sabrosos e tamén poseen todalas propiedades nuricionais que lles son propias (xa máis alá doutros beneficios para a saúde que sempre poderían ser cuestionados). Ademáis, facemos análises químicos independentes.

2. Cercanía: podes consumir alimentos que proceden do teu entorno máis cercano a prezos similares aos de alimentos de peor calidade que proceden de lonxe. Posibilitando estas produccións locais estás creando riqueza no teu entorno. O minifundio é idoneo para unha producción diversificada e de calidade. Cecais ti ou os teus fillos podedes vivir -dignamente- disto nalgún momento, se as canles comerciais existen e os saberes do rural fican vivos.

3. Asociarse non é nada caro: 66€ ao capital social (unha única vez), e as cuotas anuais son moi pequenas. Os beneficios repartense entre as socias e socios e melloran as condicións laborais dos traballadores.

4. Mellor cantos máis sexamos (dentro dun límite, lóxicamente): a túa asociación danos forza e independencia. Poderemos levar a cabo máis proxectos para facilitar un consumo responsable e o desenvolvemento do rural máis próximo, crear postos de traballo de calidade, etc.

5. Alimentos ecolóxicos e xustos para todos: Cantos máis sexamos, menos elitistas serán os alimentos de calidade. Xa agora, os prezos para as socios son os máis baratos do mercado, pero poderase mellorar máis se aumentamos a nosa demanda interna. É cuestión de volumen, e lembra que as contas da Cooperativa son transparentes para as socias e socios.

6. ¿Canto podes facer co teu consumo? Moito. Tes a posibilidade de participar nun proxecto social, que beneficia enormemente ao teu entorno. Podes facer valer a túa voz e as túas ideas, tanto nas comisións que desenvolven diversos aspectos da Cooperativa como nas Asambleas Xerais -nas que se toman as decisións importantes, o máximo órgano de goberno da Cooperativa-.

7. Non hai responsabilidade persoal: as socias dunha Cooperativa, por lei - e ao contrario do que acontece con outras fórmulas xurídicas - só son responsables ata o límite do capital desembolsado.

 

proxecto fiare galiza