Punto de encontros

Árbore comunica ás socias que para mellorar a comunicación entre nós e facer a cooperativa máis humana e participativa establecemos un día a semana para que todas as socias e socios que o desexen poidamos ter un punto de encontro onde falar sobre o noso proxecto común. Cun formato aberto aínda sen definir completamente pretendemos que todas poidamos expoñer as nosas inquedanzas, preguntas, propostas etc. nun ambiente de confianza namentras tomamos a merenda :). Árbore invitará ao café e as pastas para que o ámbiente sexa distendio e agradable. Comezaremos o mércores día 20 de outubro na cooperativa, a partires da 6 da tarde (cunha duración de sobre 1 hora).

No punto de encontros podemos falar de:

  • Propostas para a cooperativa.
  • Explicación sobre o funcionamento interno.
  • Productos.
  • A tenda.
  • Criterios sociais e ambientais.
  • As contas.
  • Resolución de dúbidas.
  • Etc.

Dende o Consello Reitor, creemos que é importante que ás socias e socios poidan comunicarse nun espazo común, que sintan qu as súas inquedanzas son acollidas como as inquedanzas de todas e todos. Que hai un espazo onde coñecer outras socias e socios.

Ánimate a vir

 

proxecto fiare galiza