Proxecto Lentura (Amorodo)

 

Na asistencia de Árbore ó ciclo "Sabores e Saberes" na praza de abastos de Vilaxoán coñecemos a un proxecto ben interesante que están a levar adiante nos concellos de Rois, Ames e Dodro.

Xuntando a coordinación dos productores, a revalorización da terra e o seu cultivo, e a seriedade á hora de plantexarse os pasos e os procesos, o Proxecto Lentura (antes proxecto Amorodo polo acrónimo dos tres concellos donde traballa) xa levan varios anos tentando consolidar a agricultura ecolóxica e pechando o círculo para venderlle ós consumidores da súa contorna.

Deixamos aquí un video do proxecto e tamén a súa páxina web para achegarnos un poquiño máis a outro dos proxectos que xurden e camiñan con nós en Galiza.

http://vimeo.com/7420269

http://proxectoamorodo.org/

 

proxecto fiare galiza