Alga Nori - Algamar

Ingredientes: porphira natural en copos. 100g equivale a 1 kg de algas frescas. Seleccionada das augas mais limpas do atlántico e seca a baixas temperaturas.

Modo de emprego: Para comer crúa remollar 20 min e engadir en ensaladas.

Para comer tostada, sen remollar , tostar durante 2 min ó forno ou pasar pola tixola ben quente. Logo esparcir polo prato de ensalada, sopa, arroz, cus-cus, verduras, etc.

Fervida ou ó vapor 15 min con patacas, arroz ou verduras.

Sopa xuliana con Algas - Algamar

Ingredientes: Cenoura, alga wakame atlántica, chirivía , allo porro, cebola, col, perixel e apio. 75 gr hidratados equivalen a 17 racións.

Modo de emprego: 2 culleradas por cunca, ferver 20 min. Engadir aceite ó gusto.

Beneficios: A alga wakame é ideal para repoñela cantidade de minerais do organismo despois dun esforzo físico. Os minerais que achega son fudamentalmente ferro, calcio, potasio e manganeso. Por iso atrasa a fatiga. Polo seu alto contido en folatos é moi recomendado para as embarazadas.

Aceite de sésamo

Ingredientes: Aceite de sésamo virxe sen refinar de cultivo biolóxico.

Aceite de xerme de trigo

Ingredientes: Aceite virxe de xerme de trigo de cultivo biolóxico, primeira presión en frio.

Beneficios: É o aceite mais concentrado en vitamina E de cantos existen. Unha soa cullerada (15ml) contén o triple da CDR desta vitamina de potente ación antioxidante. Predomina o acedo linoleico, de acción favorable sobre o nivel de colesterol. Este acedo linoleico é do tipo omega-3, similar ós aceites do peixe, moi eficaz como protector do corazón e as arterias.

Aceite de oliva virxe extra, extración en frio

Beneficios:

- Cardiosaludable: Protexe contra as enfermidades coronarias.
- Reduce a tendencia á trombose( formación de coágulos).
- Controla o nivel de colesterol: Protexe en maior medida contra a arteriosclerose e as enfermidades coronarias ( anxina e infarto), que ningún outro aceite debido a que evita a oxidación das lipoproteinas.
- Protexe o fígado.
- Evita o estreñemiento.
- Reduce o risco de cancro de mama.

Vinagre de arroz

Ingredientes: Vinagre extraído da fermentación de arroz de cultivo biolóxico.

Beneficios: É un bo substituto do vinagre de viño ou mazá, que a pesar dos beneficios que as súas froitas primarias achegan, despois de fermentarse desaparecen, co que non ten ningunha vantaxe para o organismo.

Con todo, o vinagre de arroz é mais dixestivo e non acidifica o estómago rompendo a barreira de mucosa protectora. Ten un sabor acedo leve e é moi usado na gastronomía xaponesa, no sushi e makis.

Aceite de Xirasol Ecopipabur

Ingredientes: pipas de xirasol de cultivo ecolóxico.

Beneficios: Contén moi poucos ácedos graxos insaturados, é moi rico en ácedo linoleico, un ácedo graxo esencial poliinsaturado que reduce o nivel de colesterol. É tamén un dos máis ricos en vitamina E. Unha cullerada de aceite de xirasol proporciona practicamente a cantidade diaria recomendada desta vitamina. É moi apropiado no réxime dos enfermos coronarios pola súa riqueza en vitamina E e a súa ación favorable sobre o colesterol.

Papiña de millo miúdo - Holle

Ingredientes: Millo miúdo orgánico e vitamina B1 segundo lexislación.

Beneficios: Contén un 11% de proteínas, algo máis que o trigo, o arroz e o millo. Presenta tamén gran cantidade de ferro, aminoácidos, fósforo e potasio. É de doada dixestión pola súa cantidade de fibra soluble e moi adecuada para o sistema dixestivo dun bebé. O seu alto contido en ferro faino ideal para unha dieta vexetariana mesmo para os nenos. Estas papiñas non conteñen nin glute, nin azucres nin lácteos.

Polenta ou sémola de millo instantánea

Ingredientes: Sémola de millo de cultivo ecolóxico.

Beneficios: A sémola considérase como unha fariña grosa. A súa preparación é moi sinxela, só se necesita unha cunca desta polenta nun litro de auga fervendo deixándoa caer lentamente mentres se remove ata que adquira a consistencia desexada. O millo suaviza e protexe a mucosa intestinal e é moi ben tolerado por quen padecen colitis crónica e colon irritable. Reduce o nivel de colesterol. É unha boa fonte de hidratos de carbono, minerais (magnesio, fósforo, ferro, selenio e zinc) e de vitamina B.

Glute de trigo - Celnat

Ingredientes: O glute é o resultado de mesturar auga coas proteínas do gran de trigo.

Beneficios: O glute é doado de dixerir e posúe poucas calorías. Recoméndase a persoas que leven a cabo un réxime para adelgazar para que non sufran problemas dixestivos. Non deben incorporalo á súa dieta quen sufran de autismo, herpes derivado dunha alerxia, alerxias ó glute e celiácos.

 

proxecto fiare galiza