Cereais corn flakes - Finestra sul cielo

Ingredientes: Fariña de millo (95%), millo, malta e sal. Todos os ingredientes de procedencia ecolóxica.

Cereais Choco pétales - Kalibio

ingredientes: Fariña de trigo integral (46,6%), azucre de cana, chocolate con leite (5,7%), graxa de cacao en po, manteiga de cacao (11%), sal mariño. Todos os ingredientes proceden de agricultura ecolóxica.
Beneficios: Nada mellor para empezar o día con enerxía! Despois dun reparador soño, o corpo de nenos e adultos necesita repor enexía. Estes cereais, feitos a base de trigo integral, achegan ó noso organismo hidratos de carbono. Ademais son unha fonte de minerais naturais e proteínas vexetais. Xunto co chocolate, (enerxia inmediata) estes cereais axúdannos a manter o ritmo ó longo da mañá, e ós pequenos encántalles!!

Cervexa Riedenburger Brauhaus

Cervexa alemá tradicional que emprega como materia prima só produtos ecolóxicos. Ademais contan para esta tarefa coa colaboración da abadía benedictina de Plankstetten. É unha cervexa tipo pilsener, sen filtrar, por iso o seu aspecto é amarelo pálido  e turbio. Ten unha carbonatación moi abundante que forma unha fina capa de espuma branca e cremosa. O seu sabor é de acidez moi moderada, con certos toques doces.

Puré de améndoa - Jean Hervé

Ingredientes: Améndoas de Sicilia nadas da agricultura biolóxica.

Pisto con cabaciño - Amorodo

Ingredientes: Tomate, pemento vermello e verde, cabaciño, cebola, aceite de oliva virxe extra, sal mariño, allo e zume de limón. Todo de procedencia ecolóxica.

Beneficios: Cada un dos ingredientes deste pisto vese perfectamente a través deste bote. Con gran presenza do sabor do tomate seleccionado, é un pisto fino de sabor nin moi doce nin amargo. Para consumir só é preciso quentalo un pouco na tixola. Rapidamente podemos ter un entrante de gran calidade do que o noso organismo se beneficiará de todas as propiedades dos seus ingredientes.

Fonte

Pemento morrón en tiras - Cal Valls

Ingredientes: Pemento Morrón** á brasa de leña, allo**, aceite de oliva virxe extra*, sal mariño e zume de limón*.
*Procedente de cultivo ecolóxico.
**Procedente de cultivo biodinámico.

Olivas Negras - Cal Valls

Ingredientes: Oliva negra, auga, sal mariño e herbas aromáticas.

Beneficios: As olivas negras son mais nutritivas cas verdes, xa que ó pasar mais tempo no arbol, as sustancias nutritivas atópanse nunha maior proporción. Conteñen menos auga e unha proporción maior de aceite, vitaminas e minerais.
Destaca a súa alta dixestibilidade. Estimulan os procesos dixestivos e abren o apetito. Por mor da súa riqueza en fibra deben masticarse moi ben. Facilitan o vaciamiento da vesícula biliar. Grazas ó seu contido en aceite e fibra vexetal as olivas teñen un suave pero eficaz efecto laxante.

Carobella organic (substituto do cacao)

Ingredientes: graxa vexetal non hidrogenada*, concentrado de millo en po*, algarroba en po*, fariña de soia*, emulxente (lecitina de soia), aroma natural (vainilla)*.

Beneficios: Substituto da crema de cacao con abelás. Especial para persoas que non poden ou no desexan tomar cacao na súa alimentación.

 

Carobella organic (substituto do cacao):

Millo doce - Ekolo

Ingredientes: Millo doce, auga, sal mariño.

Beneficios: O Millo exerce un efecto suavizante da mucosa intestinal. Ademais non contén glúten o cal fai que sexa moi ben tolerado por intestinos sensibles e celíacos. Recoméndase especialmente en casos de cólicos  intestinais, colon irritable, colite crónica, nas dietas do destete dos nenos e enfermidades renais crónicas. O millo ten un lixeiro efecto frenador sobre a glándula tiroides. O seu consumo é adecuado en caso de hipertiroidismo, cararcerizado pola delgadez e o nerviosismo entre outros síntomas.

Macedonia de verduras ó natural - Ekolo

Ingredientes: Xudía, guisante, pataca, cenoria, auga e sal mariño.

Beneficios: Unha forma cómoda e rápida de gozar dos beneficios destas verduras e hortalizas cultivadas dunha forma respectuosa co medio. Procedentes de agricultura ecolóxica. Son unha boa fonte de minerais o que explica o seu efecto alcalinizante. Vitaminas especialmente a provitamina A, B e K. A súa fibra contribúe a producir sensación de saciedade ó inxerila, así como a evitar o estreñemiento. Como contén pataca é rico en hidratos de carbono.

 

proxecto fiare galiza