O brecol

Destaca por ser moi rico en proteínas, calcio, provitamina A e vitamina C.

Está recomendado para afecciones cardiacas polo seu escaso aporte calórico e a sua óptima relación sodio (pobre) e potasio(rico).

Por ser moi baixo en calorías y azúcares e por producir certa sensación de saciedade, non debería faltar na mesa de obesos e diabéticos.

É un alimento anticanceríxeno e a sua eficacia foi probada en numerosas investigacions científicas.

 

Por cada 100 gr:

Cereais de millo

O millo protexe a mucosa intestinal e é ben tolerado por que padece colite crónica ou colon irritable.

Está tamen moi recomendado para casos de hipertiroidismo xa que ten un efecto refreador sobre a glándula tiroides, e sobre o metabolismo no seu conxunto.

Resulta recomendable, en calquera das suas formas, nas dietas de aumento de peso

 

O feixón verde

O feixón verde é diurético, tonificantes do corazón e hipoglucemiantes, é dicir, descenden o nivel sanguíneo de glicosa, ideal para os diabéticos.

Por cada 100 gr:
Fibra- 15.2%
Minerais- 4.20%
Hidratos de carbono- 45,1%
Graxa- 0.850%
Proteinas- 23.4%
Auga- 11.3%

PRECAUCIÓN!!
Non consumir crú pois ten unha sustancia tóxica coñecida como faseolina, que se desintegra coa cocción ou o vapor.

O kiwi

É unha froita estimulante das defensas, fortaléceas polo seu altisimo contido en vitamina C. Convén o seu consumo de forma regular(un ó dia como minimo) para todos aqueles que estean sufrindo calquera tipo de enfermidade infecciosa, tanto na fase aguda como na convalecencia.
Polo seu contido en ferro, vit C e cobre asi como os folatos é moi recomendable en casos de anemia.
Para as embarazadas, ademais de fortalecer os seus defensas o seu contido en folatos contribúe a previr as malformacións fetales do conduto neutral, como a espiña bífida.

A lentella

A lentella está recomendada para a anemia, pola súa gran cantidade en ferro, porén, a vitC presente nos alimentos acompañantes aumenta significativamente a taxa de absorción do ferro.

Moi boa contra o estreñimiento por ser rica en fibra.
Non provocan unha subida brusca de glicosa a pesar de ter moitos hidratos de carbono, xa que estes son de absorción lenta polo que os diabéticos poden consumiras.
A súa fibra arrastra coas feces, o colesterol contido noutros alimentos, convén pois a quen queiran reducir o seu nivel de colesterol.

A col lombarda

A acción mais importante e estudada é a anticanceríxena.
Ten capacidade cicatrizante sobre a pel, co cal é excelente contra as úlceras gastroduodenais e transtornos do estómago.
A súa fibra é celulósica polo que se indica en casos de estreñimento crónico e diverticulosis.
As sustancias sulfurosas confírenlle unha acción antibiótica para reequilibrar a flora bacteriana.
O mollo de col en xaxún foi usado desde a antigüidade para expulsar os parásitos intestinais.
   
Fibra: 2.30%
Minerais:0.71%
Hidratos de carbono: 3.13%
Graxa: 0.270%
Proteínas: 1.44%
Auga: 92.2%

A cabaza

Trátase dun dos alimentos mais baixos en graxa e sodio, dous inimigos declarados da saúde das arterias e o corazón. Pola súa pouca cantidade en sodio e a súa riqueza en potasio, está recomendada contra a hipertensión.
O seu contido en beta-caroteno(provit.A) protexe a parede das arterias. Os que sufran anxina de peito ou os que sufriran un infarto non deberían deixar de tomar cabaza polo menos 3 veces por seman.
Actúa como un diurético suave, aumentando a produción de ouriños, por iso é moi adecuada para afeccións de ril (nefrite, edemas).

Galletas ecolóxicas e de comercio xusto

BREVE DESCRICIÓN

Galletas artesanais biolóxicas de limón e laranxa, e cookies de améndoas con chocolate e de cacao con chocolate. Envasadas en formato de 200 e 750gr. A panela e a pasta de cacao utilizadas no proceso de fabricación veñen de Ecuador. E  as améndoas, a pulpa de laranxa e o limón do estado español.

O PRODUCTO

Troco de café ecolóxico de Colombia

O grupo de caficultores deste café - Cosurca, A Veiga, na rexión de Cauca, Colombia - decidiu saír da Federación de productores por temas políticos sen ter capacidade de garantirnos o mesmo servizo que ate fai un tempo (é dicir, todos os tramites burocráticos co Estado de Colombia que ao final permiten que o café chegue a nós).
Ao ver que non era posible chegar a unha solución axeitada para este produto, trocamos provisionalmente de proveedor. A idea básica de este troco e poder garantir que o café chege as baldas da cooperativa, doutra maneira, nin un nin outro. E sería temporal, no caso de que Cosurca consiga importar de novo con normalidade.

Brocoli: un regala para a saúde

Valor nutritivo e saúde.

O compoñente maioritario desta hortaliza é a auga, polo que o seu valor calórico é moi baixo. É unha das coles que maior cantidade de proteínas achega aínda que apenas contén lípidos e hidratos de carbono.
Tamén hai que destacar o seu contido en fibra soluble.
Así mesmo, está considerada como unha hortaliza de fácil dixestión.
O brécol contén importantes cantidades de potasio, magnesio, ferro, zinc e fósforo.
É unha das principais fontes vexetais de calcio.

 

proxecto fiare galiza