A acelga

Beta vulgaris var. cicla (científico), Acelga (castellano), Chard (english).

Substancias: hidratos de carbono (0,7%), proteínas (2%), graxas (0,3%), vitaminas A (betacaroteno), C, K e ácido fólico; minerais (1,7%): potasio, calcio e magnesio; luteína e flavonoides.

Propiedades: hortaliza laxante, axuda a previr o estrinximento; contribúe a manter a densidade ósea prevendo a osteoporose; interesante como preventiva de cancros relacionados con epitelios mucosos (dixestivos, respiratorios, vexiga urinaria, etc.).

A espelta

Triticum spelta (científico), Espelta (castellano), Spelled (english).

Substancias: carbohidratos, graxas, proteínas, vitamina B3, magnesio, ferro, cinc, selenio.

O centeo

Secale cerale (científico), Centeno (castellano), Rye (english).

Substancias: hidratos de carbono (40%), proteínas (6,8%), fibras, graxa (1,2%), vitaminas B1, B2 e niacina, potasio, fósforo, calcio, magnesio, ferro, cobre, manganeso, selenio, ácido fítico, inhibidores das proteasas, ácidos fenólicos, fitoesterois, precursores de lignanos.

A mazá

Manzana (castellano), Apple (english).

Substancias: proteínas (0,3%), hidratos de carbono (11,8%), graxa (0,4%), fibra (2,3%), vitamina C, potasio, flavonoides, ácidos orgánicos.

O pomelo

Citrus x paradisi (científico), Pomelo (castellano), Grapefruit (english).

Subtancias: glúcidos (7,4%), fibra solúbel (pectina), vitamina C, potasio, compostos fenólicos, o rosado ten licopeo.

A pera

Pyrus (científico), Pera (castellano), Pear (english).

Substancias: hidratos de carbono (12,4%), proteína (0,5%), graxa (0,3%), fibra (2,8%), potasio, boro, taninos, sorbitol, ácidos orgánicos (málico e cítrico).

A laranxa

Citrus x sinensis, Citrus x aurantium (científico), Naranja (castellano), Orange (english).

Substancias: hidratos de carbono (9%), proteínas (0,8%), graxas (0,2%), fibra (2,3%), vitaminas A, C, ácido fólico, vitamina B9, potasio, calcio, ácido citríco, carotenoides, flavonoides, ácidos fenólicos, terpenos amargos, cumarinas; as vermellas (variedade sanguina) teñen antocianinas.

O limón

Citrus x lemon (científico), Limón (castellano), Lemon (english).

Subtancias: hidratos de carbono (3,2%), proteínas, graxas (0,6%), fibra (2,8%), vitamina C, potasio, flavonoides, ácidos fenólicos, monoterpenos limonoides, ácidos orgánicos (cítrico, málico, acético e fórmico).

Queixo Nabiza

Dada a súa alta cantidade de proteínas, o queixo é un alimento recomendado especialmente para o desenvolvemento muscular. Os alimentos ricos en proteínas como este queixo, están recomendados durante a infancia, a adolescencia e o embarazo xa que nestas etapas, cómpre un maior achegue deste nutriente.

Como ten unha alta cantidade de calcio, o queixo un alimento bo para os ósos.

Cogumelo 'Suillus Luteus'

Estes fungos crecen espontaneamente nos bosques de piñeiro da Sierra de Salinas, un poboado situado na provincia de Bolivar, ó centro do ecuador a 3.550 metros de altura.
Recóllense polas comunidades campesiñas da zona, favorecendo ademais unha masiva labor de reforestación dos páramos. Logo se rebanan, sécanse e se empacan nunha planta especializada.
Dende a fundación Grupo xuvenil Salinas (FUJGS), coordínase o traballo de mais de 200 familias, fomentando o desenvolvemento comunitario e xerando ingresos complementarios á súa dificil economía.

Preparación:

Deixar a remollo os cogomelos secos unha hora en auga tépeda, lavalos ben e escurrir.

 

proxecto fiare galiza