BLOG DE COCIÑA VEXETARIANA

Blog de cociña vexetariana que nos pasa a xente de Zocamiñoca Smile

http://cocinavegetariano.blogspot.com/

Os productos na cooperativa

Existen unha serie de principios a ter en conta á hora de seleccionar os produtos a distribuír dentro da cooperativa. Son os seguintes:

Zume de Mandarina - Cal Valls

Ingredientes: Zume de mandarina 100% de cultivo ecolóxico.

Zume de pera - Cal Valls

Ingredientes: Zume de pera 100% de cultivo ecolóxico. Non procede de concentrado.

Zume de uva branca - Cal Valls

Ingredientes: Zume de uva branca 100% de cultivo ecolóxico. Non procede de concentrado.

Bulgur de espelta - Celnat

Ingredientes: Sémola de espelta dura, cocida seca e fragmentada, de cultivo ecolóxico.

Beneficios: Espelta, é o tipo de trigo mais antigo coñecido e posúe mais vitaminas e minerais ó non estar hibridado con outros tipos. Esta forma de comelo, o bulgur, achega ademais de todas as propiedades da espelta, as que proceden da xerminación do trigo. O bulgur é un cereal moi versátil que pódese usar en ensaladas, pratos principais, guisos ou sobremesas.

Cogomelo trompeta negra - Hifas da Terra

Ingredientes: Cogomelo trompeta negra deshidratado (30 gr). De cultivo ecolóxico.

Cogomelos silvestres - Hifas da Terra

Ingredientes: Cogomelos deshidratados, variados, galegos de recollida silvestre.

Beneficios: Estes cogomelos silvestres proveñen de bosques, xestionados segundo as normas de agricultura ecolóxica, e de cultivos en madeira de carballo ó aire libre, baixo un souto de castiñeiros. A deshidratación é a mellor forma de conservación deste delicado produto, xa que evita a potenete oxidación que sofren os cogomelos recentemente recollidos e non afecta as súas propiedades nutricionais especiais.

Cus cus de espelta - Baule Volante

Ingredientes: Sémola de Espelta integral, precocida ó vapor, de cultivo ecolóxico.