Presentación do Sistema Participativo de Garantía "A Gavela"

O Sistema Participativo de Garantía “A Gavela” nace como unha alternativa construída en colectivo. O obxectivo é procurar un selo que identifique os produtos que consumimos na nosa alimentación. Neste caso é a comunidade implicada en todo proceso: persoas produtoras, consumidoras e pequenos comercios, a que se organiza participando conxuntamente na selección dos criterios que definirán o propio selo, nos cales se terán en conta aspectos como a proximidade, o coidado e respecto á terra ou a dignidade das persoas e dos a animais; ao mesmo tempo é a comunidade quen se supervisa a si mesma para verificar o cumprimento destes criterios, dando así un paso máis cara a súa soberanía alimentaria.

A presentación da proposta da Gavela faráse o vindeiro 10 de Marzo no local da Cooperativa Árbore.

 

proxecto fiare galiza