A cooperativa Árbore é pioneira na reciclaxe de bolsas para a compra diaria das socias e das clientes. Máis iso depende das socias e das clientes que traen as bolsas para un novo uso. Por todo isto e ante o descenso da actividade neste senso, dende a cooperativa facemos un chamamento para que a xente traia as súas bolsas da casa, tanto para a compra como aquelas que lle sobran e cede solidariamente.








