Pemento

Contén flavonoides, unha sustancia de alto poder antioxidante, que actúa como antiinflamatorio natural e protexendo o sistema circulatorio. Convén en casos de dispepsia( mala dixestión) insuficiencia de mollos gástricos ou atonía dixestiva.

É un laxante suave, ademais ten acción antiflatulenta.

É moi ben tolerado por diabéticos e convén na dieta dos obesos.

É preventivo do cancro dixestivo pola súa extraordinaria riqueza en vitaminas antioxidantes A e C ( 100 gr de pemento vermello conteñen 3 veces a cantidade diaria recomendada de vit. C.

 

Por cada 100 gr:

Fibra- 2.00%

Minerais- 0.300%

Hidratos de carbono- 4.43%

Graxa- 0.190%

Proteinas- 0.890%

Auga- 92.2%

 

1) CRU: Cando é tenro o pemento pode servirse cru en ensalada; nese caso hai que cortalo finamente e masticalo ben. Desta forma aprovéitase ó máximo a súa riqueza vitaminica.

2) COCIÑADO: A forma mais sa de cociñalo é o asado ao forno. Frito resulta bastante indixesto pola gran cantidade de aceite que absorbe. O pemento forma parte de numerosas receitas culinarias, especialmente de salsas e pistos (con tomate e cabacín).

3) PEMENTO: É o po que se obtén tras moer o pemento vermello. Pode ser doce ou lixeiramente picante. É moi rico en provit.A, e otorga unha grata cor avermellada a salsas, arroces e diversos pratos; así que se usa como colorante culinario e saudable.

 

 

proxecto fiare galiza