PECHAMOS tenda en Arquitecto Pérez Bellas, 5... Venres 8 de Maio

Bo día

Hoxe as 20:30h pecharemos no actual local da cooperativa. Mañá iniciaremos a mudanza e agardamos abrir o vindeiro xoves 14 de Maio en Lopez Mora, 30. Actualizaremos puntualmente a información de apertura na web e por correo electrónico ás socias da cooperativa.

Entre mañá, sábado 9, e o vindeiro mércores 13 (incluídos), a tenda da cooperativa estará pechada.

Tamén, para o venres 15 pola tarde estase a preparar a inauguración, seguiremos informando.

[Traballo voluntario para a mudanza: Podedes apuntarvos para calquer día entre o 8-13 en horario de mañá e/ou tarde, cada quen nas tarefas e durante o tempo que desexe. Para coordinar o traballo, se queredes axudar, é importante que contactedes connosco durante estes días en info@arbore.org ou no 986233497 ]

Un saúdo!

O Consello Reitor

 

 

proxecto fiare galiza