A pataca

Solanum Tuberosum (científico), Patata (castellano), Potato (english).

Substancias: hidratos de carbono (15%), proteínas (2%), fibra (2,5%), vitaminas C, B6 e niacina, potasio, inhibidores das proteasas, solanina (tóxico).

Propiedades: as proteínas da pataca son ricas en aminoácidos esenciais; boa fonte de potasio interesante para persoas con hipertensión arterial ou retención de líquidos. Resultan tranquilizantes e antiespasmódicas (útiles en caso de neuralxias, tos e cambras). Teñen maior IG que a pasta e as legumes polo que convén comelas na mesma comida con outros alimentos proteicos que rebaixen o seu IG.

Aproveitamento: cocida ao vapor ou asada coa pel. Se se coce sen a pel redúcese a perda de vitamina C, ácido fólico e minerais. Cocida coa pel obtéñense unha grande variedade de vitaminas (B e C principalmente) e minerais como magnesio e ferro.

Mitos: non é certo que engorde; non é certo que o alcaloide tóxico solanina se destrúa ao cocer.

Riscos: a solanina é unha toxina natural presente nas horalizas solanáceas (berenxena, pataca e tomate), e a patata tena en grande cantidade. Acumúlase nas partes verdes, debaixo da pel e arredor dos brotes. É importante pelar ben as patacas; evitar o consumo de patacas fritidas e salgadas (a fritura a altas temperaturas crea acrilamida, unha substancia mutáxena potencialmente canceríxena.

 

proxecto fiare galiza