Ouro negro: próximo documental na biblioteca da cooperativa

Ouro negro

O próximo día 3 de novembro, teremos un novo DVD na bilbioteca da cooperativa, "Ouro Negro".

Trailer:

Sinopse:

Coa frase "O seu café nunca máis terá o mesmo sabor", os produtores de "Ouro negro" presentaron a súa película, un documental que examina o comercio internacional de café e as súas conexións cos labregos que o cultivan. A película foi dirixida por Mark e Nick Francis.

A película examina as condicións dos cultivadores de café na rexión de Oromia, sur e ao oeste de Etiopía, o berce do café. O documental segue a Tadesse Meskela,  o xerente xeral da cooperativa de labregos de café da rexión de Oromia, mentres visita diversas plantacións de café, plantas procesadoras de grans, e as oficinas do sindicato de cultivadores de café.

Tadesse Meskela tamén viaxará aos Estados Unidos e o Reino Unido para promocionar o café etíope, en busca da eliminación dos numerosos intermediarios que existen entre a fonte de orixe e o punto de venda, dificultando a comercialización e marxinando as ganancias dos labregos do café.

As compañías vendedoras de café máis importantes do mundo, Starbucks, Sara Le, Procter & Gamble, Kraft e Nestlé son mencionadas no documental, pero rexeitaron invitacións para conceder entrevistas.

 

proxecto fiare galiza