Moi boas a todas!
Logo de terse traballado na asamblea de decembro a posibilidade de organizar un evento para a celebración do XV aniversario da cooperativa, a Comisión Social e o Consello Reitor facemos un chamamento para comezar o traballo que faga real o xa falado.
A nosa intención é que neste "grupo organizativo" participen todas as socias que queiran e/ou poidan para poder levar adiante o traballo de xeito lixeiro e colaborativo.
Por esto convocamos a unha primeira xuntanza o vindeiro martes día 26 ás 20:00 no local social.
Agardamos vervos e que traiades moitas enerxías!
Saúdos
Comisión Social e Consello Reitor