Neste Seminario imos a mostrar realidades económicas e oportunidades de emprego no ámbito da economía social e das chamadas novas economías.
Divulgaremos, amosaremos exemplos, boas prácticas e casos reais de interese, e como non?, reflexionaremos se estas novas economías poden ser unha opción real ao modelo económico predominante. Queremos debatir que papel poden xogar no emprego e nas condicións laborais e de vida das persoas, entre outros diálogos que poidamos establecer ao seu redor.
O venres 16 de decembro terá lugar o seminario no Centro Cívico Os Mallos, na Coruña, e gustaríanos contar coa túa presenza neste foro.
O venres 16 de decembro terá lugar o seminario no Centro Cívico Os Mallos, na Coruña, e gustaríanos contar coa túa presenza neste foro.
| Inscríbete e accede a toda a información do Seminario |