Obradoiros de cociña en Xaneiro

Empezamos o ano con bos propósitos reais, así que este mes, continúan as actividades prácticas de cociña no local social. Coma ven sendo habitual, receitas veganas, sen gluten e con ingredientes moi básicos, sostibles e saudables.
As propostas para obradoiros responden ás vosas suxerencias, que ademáis aproveitaremos para revisar vellos ingredientes coñecidos de todos coma a avea, a chía,  os froitos secos...para quitarlles o máximo partido co mínimo de esforzo e sen desperdicios! Así, os obradoiros programados  son:


SÁBADO 13 DE XANEIRO ÁS 17:30 h

OBRADOIRO DE ALMORZOS/MERENDAS  

Ideas asequibles, boas de levar ao traballo ou escola, que se poidan facer de véspera.        Variedade de almorzos de culler e algunha idea salgada para almorzos tardegos.

Moi interesante para persoas están a mudar o seu xeito de alimentarse ou para aqueles que xa coñecen as bases pero teñen dificultades para aplicalo ou ben precisan variar ...

 

VENRES 26 DE XANEIRO ÁS 17:30 h

OBRADOIRO DE BEBIDAS DE FROITOS SECOS E APROVEITAMENTO DA POLPA  

As bebidas vexetais frescas son alimentos vivos cheos de enzimas e nutrintes.A polpa sobrante da súa elaboración ten as mesmas vantaxes e pode solucionar varias comidas e petiscos semanais.
       Cunha présa de améndoas e catro ingredientes cotiáns aprenderemos a facer bebida vexetal "viva" unha tarta de queixo, bolachas, crunchy para o almorzo, queixo de untar...Este obradoiro é perfecto para aqueles ( novatos e veteráns )  que tentamos depender un pouco menos de productos procesados, pero optimizando o noso tempo e recursos.

  • As clases impartirase no local social 
  • Ofertaranse un máximo de 15 prazas.
  • reserva de praza pode facerse no propio mostrador da tenda de Árbore, ate esgotar o cupo de prazas.
  • O prezo do obradoiro que inclúe os contidos e material que degustaremos, é de 15 € para socias ou 18 € para non socias .
  • Son actividades abertas, así que poden asistir tamén persoas interesadas aínda que non sexan socias.


Se precisades máis información sobre os contidos ou dinámica dos obradoiros,  ou queredes achegar algunha proposta de actividades, temas para obradoiros,  consultas sobre o Caderno de Receitas de Outono/Inverno  de Árbore... podedes envialas ao enderezo consultascocinha@arbore.org.  

Seguimos mans á obra!

Unha aperta de Natalia Carrillo e as Traballadoras da Cooperativa

 

proxecto fiare galiza