Obradoiros de cociña en Marzo

Bo día a todas,

Este mes, e por petición das socias andaremos coas mans na masa : o vindeiro obradoiro será de empanada de algas.

Para sacarlle un pouco máis de partido, aproveitaremos para aprendermos a facer a nosa propia masa nai de espelta que poderemos empregar para elaborar o noso propio pan e ampliar o repertorio de fermentados caseiros.

Para que tódolos participantes poidades manipular as masas, desta vez faranse dous grupos máis reducidos do que ven sen habitual.

Así o obradoiro impartirase o vindeiro Sábado 24 de Marzo en dúas quendas  a escoller a que mellor case coa vosa axenda : 

- Primeiro grupo ás 15:30

- Segundo grupo ás 17:30

Nesta ocasión, xa que é un obradoiro práctico cómpre que os alumnos traian algo de material necesario:

  • Cunco grande duns 3 litros de capacidade
  • Rodiño de amasar
  • Táboa de madeira duns 30X40 cm

Coma ven sendo habitual:

  • A clase impartirase no local social 
  • reserva de praza pode facerse no propio mostrador da tenda de Árbore, ate esgotar o cupo de prazas.
  • O prezo do obradoiro que inclúe os contidos e material que degustaremos, é de 15 € para socias ou 18 € para non socias .
  • É unha actividades abertas, así que poden asistir tamén persoas interesadas aínda que non sexan socias.

Se precisades máis información sobre os contidos ou dinámica dos obradoiros,  ou queredes achegar algunha proposta de actividades, temas para obradoiros,  consultas sobre o Caderno de Receitas de Outono/Inverno  de Árbore... podedes envialas ao enderezo consultascocinha@arbore.org 

Seguimos mans á obra
!
Unha aperta de Natalia Carrillo e as Traballadoras da Cooperativa

 

proxecto fiare galiza