Obradoiro de Revoco con barro / 21-22 de Xullo, Cangas

Benquerida xentiña!

"O Bosque de Beni, espazo de aprendizaxe en liberdade para crianzas e persoas adultas", na súa procura de novos xeitos de relación entre unhas e outras e novos desafíos na aprendizaxe xuntas, organiza un           
OBRADOIRO DE REVOCO CON BARRO e mais encalado que terá por obxeto mellorar o ambiente da nosa galería.

Crianzas e adultas poderemos aprender e disfrutar xuntas da feitura da masa, co seu correspondente pisado, e do seu manexo coas mans ao tempo que poñemos en valor o que a terra pode darnos para facer mais saudables os lugares que habitamos e vencellámonos con ela dende o respecto e o agradecemento.

Enviámosvos un arquivo co cartaz con toda a información e pregámosvos que o difundades na medida do posible nas vosas redes sociais.
Agradecemos por anticipado a vosa colaboración.
Unha aperta. O bosque de Beni.

 

proxecto fiare galiza