Obradoiro de cervexa artesá con landras

Comunicámosche que esté sábado que ven, os nosos compañeiros David e Santi, impartirán un Obradoiro de Cervexa Artesán, feita con Landras no local social da nosa cooperativa. Terás a oportunidade de aprender a facer a túa propia cervexa con materias primas que ti  mesm@ podes recoller!

 

O obradoiro farase nos días:

-          Sábado 4 de marzo – de 9:00 a 14:00

Elaborarase a cervexa e poderás aprender todo o proceso.

-          Sábado 11 de marzo-  de 11:00 a 14:00

Farase o proceso de embotellado

 

Para cubrir os costes do material, cada participante terá que facer unha achega duns 4€.

Se queres participar anótate no correo sabela@arbore.org o antes posible para poder organizarmos. Date présa xa que son prazas limitadas! Agardamos contar contigo!

 

A Comisión Social

 

proxecto fiare galiza