O tomate

Solanum lycopersicum (científico), Tomate (castellano), Tomato (english).

Substancias: hidratos de carbono (3%), proteínas (1%), graxas (0,2%), fibra (1.8%), vitaminas A (betacaroteno), C e ácido fólico, potasio, boro, flavonoides (quercetina, rutina), FOS (frutooligosacáridos), ácidos orgánicos (cítrico e málico). As variedades marela, verde e morada non posúen licopeno.

Propiedades: o licopeno é o carotenoide que lle dá a cor vermella. Ten un potente efecto antioxidante con virturdes preventivas contra as enfermidades cardiovasculares, diversos cancros e outras enfermidades dexenerativas. A súa riqueza en potasio e pobreza en sodio está indicada para hipertensas. Reduce o risco de padecer cancro de próstata, pulmón e estómago. O flavonoide antihistamínico quercetina e as sales minerais ácedas (citratos e malatos) favorecen a boa dixestión.

Aproveitamento: consumir variedades vermellas e maduras. Os tomates verdes apenas teñen licopeno. Asimílsase mellor se o cociñamos con algún tipo de aceite ou graxa.

Mitos: e falso que teña altos niveis de ácido oxálico.

Riscos: como solanácea ten a toxina natural solanina, un alcaloide tóxico, aínda que en menor proporción que a pataca, de aí a importancia de comelo ben maduro.

 

proxecto fiare galiza