O porro

Allium ampeloprasum var. porrum (científico), Puerro (castellano), Leek (english).

Substancias: proteínas (2%), hidratos de carbono (7,5%), fibra (3%), vitaminas C, E, B6, ácido fólico, ferro, potasio, calcio, magnesio, sulfuros alílicos, flavonoides, FOS (frutooligosacáridos). As partes verdes teñen algo de carotenoides (luteína, etc.).

Propiedades: os seus nutrintes e os seus fitoquímicos poden protexernos das enfermidades cardiovasculares. Os antioxidantes (vitaminas C e E, flavonoides), protexen as arterias; o ácido fólico e a B6 baixan a homocisteína e prevén a arteriosclerose; o potasio axuda a baixar a tensión; os sulfuros alílicos prevén a trombose; a pectina e os FOS poden reducir os niveis de colesterol; os flavonoides tamén son antioxidantes. Moitos estudos relacionan o consumo de hortalizas con sulfuros alílicos cun menor risco de cancro de estómago. Ten unha combinación de minerais (potasio, magnesio, calcio) idónea para previr a osteoporose. O porro é diurético e as súas fibras favorecen o tránsito intestinal e evitan o estrinximento.

Aproveitamento: cocido ao vapor ou fervido, se está tenro en ensaladas.

Riscos: pode provocar gases (flatulencia). As sementes son algo tóxicas e producen a destrución dos glóbulos vermellos (hemólise).

 

proxecto fiare galiza