O pemento

Capsicum annuum (científico), Pimiento (castellano), Pepper (english).

Substancias: vitaminas A, C, E, B6 e ácido fólico, carotenoides, potasio, cobre, flavonoidea, capsaicina.

Propiedades: contén vitaminas e fitoquímicos antioxidantes. O vermello ten tres veces máis vitamina C que a laranxa. O licopeno ten un potente efecto antioxidante: propiedades preventivas contra a arteriosclerose e os cancros. As dietas ricas en vitamina C prevén a aparición de cataratas.

Aproveitamento: ao cocelos, asalos ou fritilos destrúese case toda a vitamina C. Convén incluílo na ensalada. Se se coce, asa ou frite debe facerse con pouco aceite, favorece a absorción do licopeno.

Riscos: pode resultar algo indixesto.

 

proxecto fiare galiza