O meu nome é Luis "Ferreiro"

Dende o ano 2010 veñense facendo presentacións por toda Galicia do documental: O meu nome é Luis "Ferreiro". Este documental aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia, tales como o periodo da guerrilla, a relevancia do exilio e a emigración, ou a estratexia da folga nacional pacífica no tramo final do franquismo. Todo elo contado a través da historia persoal de Luís González "Ferreiro" (socio da cooperativa Árbore). "Polas altas doses de heroísmo, altruísmo e humanidade contidas na mesma, a historia de Luís González 'Ferreiro', militante comunista durante o franquismo, merece ser contada, escoitada e conservada." A próxima proxección do video faráse o próximo 10 de Setembro no Carballiño. Podedes atopar máis información en: http://omeunomeluisferreiro.blogspot.com/

 

proxecto fiare galiza