O meu computador e o planeta

A fabricación dun computador en China emite 24 veces máis CO2 que a súa utilización durante todo un ano. Este dato resalta a importancia de utilizar un computador durante o maior tempo posíbel. Ademais, esta cifra revela a nova tendencia dos países desenvolvidos: externalizar a súa contaminación en forma de emisións de CO2 derivadas da enerxía gris dos aparellos e exportala en forma de residuos electrónicos.

Aínda que a convención de Basilea prohibe a exportación dos residuos electrónicos fóra de Europa, existen numerosos estudos que demostran que case o 80% dos mesmos expórtase de forma ilegal a Asia e África. Co fin de conseguir un aforro económico, Europa está a converter a moitos países en auténticos vertedoiros.

computador

O mesmo ocorre coas emisións de CO2: se os produtos provenientes de China son baratos, é debido a que as condicións de traballo dos empregados e as normas ambientais non están á altura dos países do Norte. Por exemplo en Asia, fóra de Xapón, a maior parte da electricidade prodúcese con carbón. Un quilowatt hora eléctrico equivale nestes países aproximadamente a un quilo de CO2, practicamente o dobre que nos países da OCDE. Cando se compra un aparello electrónico de baixo prezo fabricado en Asia incórrese nunha responsabilidade respecto dunha gran cantidade de emisións de CO2, aínda que estas tivesen lugar na outra parte do mundo.

Esta deslocalización é prexudicial para a humanidade e para a economía.

O resultado é que os países do Norte, en especial EEUU seguido por Europa e Xapón,  externalizan case o 25% das súas emisións debido á importación de produtos que son fabricados noutros países, en particular en China.
Entre Estados Unidos e China totalizan case 12.000 millóns de toneladas de CO2. En valores absolutos, esta cifra representa un terzo das emisións mundiais, é dicir, o dobre das emisións de Europa, África e América do sur xuntas.

En Europa, as proporcións son inversas. Países como Francia ou O Reino Unido externalizan case un terzo das súas emisións de CO2 relacionadas cos bens elaborados. Esta cifra ascende ao 50% en pequenos países que non fabrican practicamente nada, como Suíza ou Luxemburgo. En conxunto, estes datos equivalen a 4 toneladas de CO2 por ano e por cidadán europeo.

 

proxecto fiare galiza