O FMI recoñece que o actual modelo de consumo enerxético é insostible

Según o infomre do FMI nos próximos anos seguirá medrando o consumo do carbón , do petroleo e do Gas, representando o 83% do consumo de enerxia mundial no 2030 . Coa tendencia actual, China e India incorporaranse ao clube de grandes consumidores de Enerxia, sendo responsables de mais do 40% do aumento mundial do uso da mesma. Entre a Unión Europea e EEUU eramos responsables do 53 % das emisións de CO2 . China so un 8 % e a India un 2% pero no 2030 un 60 % do aumento de emisións será responsabilidade de India e China.

 

Por outras fontes sabemos que no mercado do petrolero, a demanda de China, India e Oriente Medio representou mais do 56% do crecemento do consumo de petróleo no 2001–07. Neste crecemento o mais salientable é o crecente número de propietarios de vehículos relacionado co aumento do ingreso per cápita. As vendas de automóbiles en China, por exemplo, quintuplicaronse no 2001–07. E no 2016 superará aos EEUU como maior mercado mundial de automóbiles.

 

Necesitamos un cambio radical nas políticas de consumo enerxético e un cambio cara ao trasporte público. ¿ Temos un transporte público racional nos nosos pobos e cidades?

 

+info: http://www.imf.org/external/pubs/ft/fandd/spa/2008/03/pdf/picture.pdf

 

proxecto fiare galiza