O comercio xusto Norte-Sur

Cando falamos de dereitos humanos nos estamos a referir ás dereitos civís, políticos e  económicos. No seu respecto e defensa  estamos involucrados como consumidores.
Os fabricantes son responsables das condicións ecolóxicas e sociais de producción dos productos. Os comerciantes son corresponsables.  Como consumidores somos responsables do que compramos.
Para promover relacións comerciais xustas temos  a mellor ferramenta de presión: o consumo responsable.

O consumo responsable é aquel que demanda estar  informado acerca das condicións (laborais, ecolóxicas, sociais) baixo as que se elaboraron  ou fabricaron os productos, contestando a preguntas como: ¿En qué lugares e circunstancias se produciron?, ¿A producción foi respectuosa co medio ambiente?, ¿Foron respectados os deritos sindicais?, ¿Estamos seguros de que non hai traballo infantil na producción?, ¿Houbo discriminación da muller?, ¿Traballadores e traballadoras recibiron un salario xusto?, ¿Son productos de calidade?...

O poder do consumidor basease na súa capacidade  para optar. Temos a obriga de manifestarnos a través das nosas compras: apoiando métodos que  aprobamos e rexeitando aqueles que condeamos.

O Comercio Xusto é unha iniciativa na que o comercio e a  producción están ó servicio das persoas. A súa maior forza  radica en demostrar que o beneficio económico, os dereitos de traballadores e traballadoras e o respecto polo medio  ambiente, poden ir da man. E demostra tamén que o  desenvolvemento do Sur é posible se cambiamos as regras  do xogo que impoñen as empresas transnacionais.

Nun marco económico no que se prima excesivamente a obtención do máximo beneficio nace na década dos sesenta en Europa o chamado "Comercio Xusto", como movemento comercial que pretende corrixir alomenos algúns dos perxuicios que sofren os pequenos productores e os traballadores sobreexplotados dos países en vías de desenvolvemento. Tratase dun modelo que pode servir de símbolo dun comercio distinto, onde saen ganando tanto os productores como os consumidores.

O Comercio Xusto é unha actividade comercial baseada nunha relación directa e de respecto mutuo, na que productores e consumidores obteñen a garantía de producción baseada no respecto ós dereitos humanos e no desenvolvemento autosostible.

  • Garantía de salarios que permiten ter unha vida digna.
  • Non hai explotación infantil.
  • Os homes e as mulleres cobran igual salario.
  • Establecese unha relación a longo prazo e realízanse pagos por adiantado o que permite planificar con seguridade.
  • Os productores adican unha parte dos beneficios a necesidades da comunidade(saúde, educación, formación, etc.).
  • Respetase o medio ambiente.

Cando falamos de Comercio Xusto estamos a falar dun movemento solidario e económico amplo que busca non só reducir a miseria dos países empobrecidos por medio da axuda senón que persegue analizar en profundidade as causas estructurais desta pobreza e máis aló asentar unha alternativa económica estable e viable ó actual marco económico chamado de “libre mercado”, pero que no fondo configurase como un mercado oligopólico controlado por grandes distribuidoras de comercialización, ligadas a sectores financeiros importantes.

Tratase dun sector económico e solidario amplo, con máis de 100 distribuidoras, 3.000 tendas en toda Europa e 260 millóns de euros ano (Té Suecia 31% - Holanda café 13%), organizado arredor da Rede Europea de Tendas (Network of European World Shop - NEWS), que creada en 1994 integra a federación de Tendas de Comercio Xusto de 13 estados europeos, e da Rede Europea de Importadoras (European Fair Trade Association-EFTA), creada en 1987 e na que se integran distribuidoras de nove estados europeos.

En 1989 creouse por organizacións comerciais en África, Asia, Australia, Xapón, Europa, América do Norte e América do Sur a Federación Internacional de Comercio Xusto (IFAT) como foro no que participan os productores do Sur coas organizacións do Norte.

En Galicia este movemento chegou con certo retraso pero con forza, como non podía ser doutro xeito, pois os galegos e as galegas teñen un alto sentido da solidariedade, aprendido ó longo de varios séculos de miseria e de emigración imposta.

O futuro desta iniciativa é de todos e todas. De tí depende.

Xoan Hermida - Amarante

 

proxecto fiare galiza