O altermundialista Walden Bello na Galiza

QUEN É… WALDEN BELLO?

Nacido en Manila (Filipinas) en 1945, trátase dun dos máis influentes sociólogos, politólogos e activistas do mundo, cuxa actividade desenvolve dende que en 1972 Ferdinand Marcos establecera a Lei Marcial. En 1978 foi apresado pola toma non violenta do consulado filipino en San Francisco. É director executivo de Focus on the Global South (www.focusweb.org), profesor de socioloxía e administración pública na Universidade de Filipinas e colaborador en numerosos medios de prensa, publicacións de economía e institutos que estudan e se opoñen á globalización, como o prestixioso Transnational Institute, de Ámsterdam, no que comparte labores investigadoras con outros persoeiros altermundistas como Susan George. Os seus artigos publícanse en diversas revistas, como Review of international Political Economy, Third World Quarterly, Foreign Policy, Race and Class, Le Monde Diplomatique, Le Monde, Guardian, Boston Globe, Far Eastern Economic Review e La Jornada. Actualmente, conta coa su propia columna en Philippine Daily Inquirer e Foreign Policy in Focus. Doutorado en socioloxía na Universidade de Princenton (EUA), en 2003 recibiu o Right Livelihood Award –premio Nobel alternativo– por “ser un dos principais críticos do actual modelo de globalización económica, combinando labores de intelectual e activista”. Ten escritos máis de corenta de libros analizando modelos económicos alternativos. A súa crítica do milagre económico asiático (Dragons in Distress) foi escrita 6 anos antes do colapso financeiro que asolou a rexión.

Máis información:

Walden Bello no TNI: http://www.tni.org/detail_page.phtml?&act_id=16257
Páxina de Walden Bello: http://www.waldenbello.org/
Focus on the Global South: http://focusweb.org/

 

proxecto fiare galiza