O aguacate

Rico en proteínas, graxas, vitamina B6, E e ferro. O seu consumo reduce o colesterol. Disminúe o nivel de graxa en sangue. A súa cantidade de ferro faino indespensable en casos de anemia e durante o embarazo. O aguacate contén graxas moi necesarias para o metabolismo do sistema nervioso polo que é un alimento ideal para os que padecen nerviosismo, irritabilidade ou depresión nerviosa. Estudos recentes, puseron de manifesto que o consumo do aguacate convén especialmente ós diabéticos, xa que non só axuda a manter o nivel adeacuado de glucosa no sangue, senón que disminúe o colesterol e mellora o nivel lipídico. O seu contido en vitamina E pode aumentar a súa vitalidade dunha forma sá e natural.

Fibra: 5.00%
Minerais: 1.04%
Hidratos de carbono: 2.39%
Graxa: 15.3%
Proteínas: 1.98%
Auga: 74.3%

1) FRESCO: Conbina moi ben con todo tipo de ensaladas e consúmese preferentemente cru, case sempre aliñado con limón, que ademais evita que colla unha cor parda oscura debida á oxidación das sales de ferro que contén. Untado sobre o pan sustitúe con ventaxa á margarina ou mantequilla.

 

proxecto fiare galiza