Novo mercado na Coruña, Mercado de San Agustín

[Información enviada pola organización]


"Bo día...

Son Belén Rodríguez da bisbarra de Betanzos, presidenta da Asociación Labrega Natura, asociación de labregas/os de produción ecolóxica, natural, sostible e de cercanía. Xuntámonos, entre outras cousas para conseguir facer unha feira semanal na Coruña (iniciativa pioneira nesta cidade) onde poidamos vender os nosos produtos, sen intermediarios, directamente do produtor a consumidor/a final.

Tras varios meses de traballo chegamos a conseguir unha data aproximada (primeiros de outubro) para comezar o mercado semanal, que vai ser no Mercado de San Agustín.

Para poder dar unha oferta xusta a todas/os posibles compradoras/es da cidade da Coruña pensamos en dar a oportunidade a produtoras/es das bisbarras lindeiras á nosa, para así mesmo axudar a ter diversidade de produtos,  e tamén para dar a posibilidade a outras/os produtoras/es de ter un posto de venta en dita cidade.

Rogo a máxima difusión.

Para mais información, non dubides en contactar con nós na nosa conta do Facebook  labrega natura, ou na dirección de correo belendecesuras(arroba)gmail.com.

Un saúdo. Belén."

 

proxecto fiare galiza