Novo Local da Cooperativa

Data de apertura estimada no novo local: 14 de Maio


Se queres colaborar na mudanza, escríbenos a info@arbore.org


A Asamblea da Cooperativa aprobou mudar o domicilio social da cooperativa de Arquitecto Pérez Bellas a Lopez Mora 30, apenas 250m do actual local.

Con esta decisión, a cooperativa busca non so dispoñer dunha nova tenda máis espaciosa e con novas posibilidades, senón tamén ter un espazo social para reunións e actividades, aberto as ideas e iniciativas das socias.

Se eres socio e non recibe o boletín de novas da cooperativa, podes solicitar a alta no boletín en "Iniciar Sesión">"Crear nova conta" ou escribindo a info@arbore.org.

Unha aperta :)

[Se estades interesados en participar na campaña de financiamento, que consiste na subscrición de capital social voluntario (so para socios da cooperativa) ou de avais mancomunados (socios e non socios) para solicitar un empréstito a Coop57 Galicia, podedes consultar os arquivos axuntos.]


[A campaña de financiamento de avais mancomunados rematou]

AdxuntoTamaño
convocatoria_de_campana_de_financiamento.pdf63.67 KB
1.subscricion_de_capital_social_voluntario.pdf74.74 KB
emprestito_coop57.pdf125.53 KB
2.subscricion_de_avais_mancomunados.pdf70.55 KB

 

proxecto fiare galiza