NOVO HORARIO DE APERTURA + NOVO SERVIZO "merca dende casa" (Actualizado a 21 de Marzo)

NOVO HORARIO de apertura da tenda


Enviamos os horarios para esta semana e para a que ven.
Decidimos pechar polas tardes porque está a ser o horario menos utilizado para as compras e porque así podemos aproveitar para preparar os vosos pedidos coa tenda pechada.

Pola tarde non se permitirá o acceso á tenda.
Seguiremos atentas para adaptarnos ás circunstancias e ás vosas necesidades .


NOVO SERVIZO "merca dende casa"

As explicacións sobran, imos a preparar os vosos pedidos polas tardes en Árbore a porta pechada.

COMO FUNCIONA:
1. Dende hoxe mesmo,
mércores 18.
2. Envía o teu pedido. Envía un correo electrónico a mercadendecasa@arbore.org. Outra opción, escribir á conta de Telegram: 635297946 (@mercadendecasa)

  • Teredes que facer o pedido un pouco a cegas, nos seremos os vosos ollos na tenda. Podedes usar facturas anteriores, listas da compra e a vosa experiencia para elaborar o pedido de compra. Podedes consultar o fresco que chega á tenda cada semana no seguinte enlace.
  • Incluíde o voso teléfono de contacto cos pedidos. Contactaremos convosco cando o preparemos para solventar as dúbidas.

3. ¿Cando entregamos os pedidos?

  • PREPARAREMOS pedidos os luns, martes, mércores e xoves de tarde. Ampliaremos este horarios se fose preciso para facer fronte á demanda de pedidos.
  • No horario de tarde non permitiremos o acceso a tenda, simplemente sacaremos o pedido á porta para a súa recollida.
  • En todo caso non vos preocupedes, contactaremos convosco para que saibades cando recollelo.
  • Se es unha persoa dun grupo de risco ou en situación de corentena, avisa e buscamos solucións de entrega (xa temos varias voluntarias, grazas).

4. ¿Como se paga?

  • PRIORIZAREMOS o pago mediante transferencia bancaria par reducir o contacto, neste caso solicitamos que se faga a transferencia o mesmo día da recollida. En todo caso seguiremos manexando o resto de opcións de pago habituais. Este servizo non ten sobrecusto ningún.

OUTROS CONSELLOS:

  • Non hai ningún problema de abastecemento e por iso vos pedimos que fagades pedidos dentro do razoable no que se refire ás cantidades, isto facilitará que podamos atender ben a todas.
  • PRIORIZADE DENTRO DO POSIBLE este servizo sobre as compras presenciais en tenda.
  • É moi probable que nos custe algo arrincar estes días, pero pronto será máis fluído.

 

proxecto fiare galiza