A colleita deste verán, ademais de moita froita, trouxo unha nova (segunda) edición de Bokashi.
É moi difícil resumir o impacto que para nós tivo a experiencia da primeira edición, pero só dicirvos que foi tan positivo que para moitos dos que formamos parte dela supuxo un punto de inflexión vital: abrindo novos horizontes laborais, avanzando un pasiño máis cara á autosuficiencia ou reconectando/comprendendo dun modo profundo nosa relación coa terra como fonte de vida/alimento....por poñer algúns exemplos.
Continuaremos co formato CICLO DE OBRADOIROS, que poderedes cursar individualmente, e ampliamos/enriquecemos con NOVOS CONTIDOS moi interesantes: dende nutrición e alimentación sostibles ate análise de solos, coidados de froiteiras...pasando por cestería, recoñecemento e uso das prantas silvestres comestibles...e moito máis.
DÚAS DATAS A ESCOLLER PARA A PRESENTACIÓN OFICIAL
Ademais de achegarvos aquí o díptico con toda a info ao detalle, queremos convidarvos á presentación oficial do curso 2021-2022 que -xunto cos 10 docentes- celebraremos o venres 10/09/2021 ás 19:15 horas en *Árbore . ou á presentación máis informal que terá lugar o venres 17/09/2021 á mesma hora e no mesmo lugar.
Anímádevos a coñecer Bokashi, solventar dúbidas en directo...e partillar un petisco caseiro e vegano con nós.
Se quixerades asistir, é moi sinxelo: podedes enviar un WhatsApp ao 636 862 639 para apuntarvos a algunha das presentacións!
POR FAVOR, COMPARTE E TECE REDE ;)
....e por querer, gustaríanos pedirvos "un algo" pequeniño:
se coma nós coidades que a vida e un futuro mellor só poden xurdir dunha relación máis próxima e orgánica coa terra, que deveña nun novo paradigma para o sistema alimentario; encantaríanos que fixerades difusión desta 2ª edición de bokashi :)
Quedamos á vosa dispoñibilidade para calquera mínima dúbida ou pregunta ;)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
diptico-bokashi-2021-2022_v02_def_210820_gf1.pdf | 262.42 KB |