A NOVA ALDEA é un documental realizado por Carlos Oro e producido por Off Filmes, S.L. e a TVG no ano 2008.
A NOVA ALDEA fala dun dos temas que máis preocupan á xente nova e tamén aos milleiros de románticos de todas as idades que aínda soñan cun xeito de vida achegado á natureza e ao sentido común: a revitalización do noso rural a través da implantación de iniciativas novidosas e respectuosas co entorno.
A NOVA ALDEA é un documental feito a base de micro-historias relativas aos protagonistas e ás experiencias máis orixinais e exitosas de intervención no rural, sempre baixo unha óptica vivencial, optimista e esperanzadora.
A NOVA ALDEA é un documental que desenvolve a idea central do repoboamento do rural galego entendido este como un ecosistema que nun tempo foi prioritario para o desenvolvemento de Galicia, e que agora se atopa nunha crise profunda a piques da súa desaparición. O que se persegue é que sexa un documental non meramente descritivo, senón que albisque posibles solucións na dirección de conformar ou replantexar un novo hábitat rural vivible hoxe en día, e cunha dignidade social i económica real, contemplando o rural con esperanza, coma un eido onde sexa posible vivir unha vida moderna e de futuro.