Nosos principios
- Consumo Consciente
O Consumo Consciente consiste en interesarse polas repercusións dos nosos actos de consumo: qué mercamos e onde, onde e cómo foi producido e cómo chegou a nós. Trátase de coñecer se os nosos hábitos de consumo son en maior ou menor grado, ambiental e socialmente sostibles [...]
- Economía social
A Economía Social é unha grande corrente socioeconómica que foise configurando ao longo do tempo sumando aportacións de diferentes fontes. Esto explica a pluralidade de enfoques e de experiencias sociais e empresariais que comparten este concepto de Economía social.Esta riqueza de iniciativas plasmase en diferentes formas de acción, transformación, e de organización horizontal e democrática da sociedade [...]
- Comercio Xusto
O Comercio Xusto é un movemento social que, a través dunha práctica comercial, un labor de sensibilización e un traballo de mobilización social aspira a cambiar os actuais modelos de relacións económicas e participar na construción de alternativas. Como tal movemento social, o comercio xusto reflicte a diversidade existente na sociedade, e ten moitas definicións e interpretacións dependendo das organizacións que as realicen [...]
- Soberanía alimentar
A soberanía alimentar é o DEREITO dos pobos a definir a súa política agraria e alimentaria, sen dumping fronte a países terceiros. O dereito dos campesiños a producir alimentos e o dereito dos consumidores a poder decidir o que queren consumir e, como e quen llo produce [...]
Outros principios:
- Participación
A participación das socias no funcionamento da cooperativa é a clave para a súa persistencia no tempo. Hai diversas canles de participación, das cales a primordial e de carácter obrigatorio é a Asemblea. Ademáis, a socia ten dereito a se presentar ás eleccións ó Consello Rector, a participar en comisións de traballo, en obradoiros, cursos, etc,... Tamén hai diversos xeitos nos que a socia pode comunicarse co Consello Rector: entrevista persoal, libro de comunicacións, traballadores, etc,...
- Circuitos curtos
É a tendencia cara unha relación máis directa entre productores e consumidores, eliminando intermediarios e sendo o obxectivo o beneficio mutuo de ambos. Se ademáis estas relacións danse a unha escala local, mellor.
- Redes alternativas
O traballo en Rede antoxase impresindible para poder crear tecido social e económico alternativo, cun discurso radical de cara as problemáticas do ser humano e o meio natural. Sen formar Rede, seríamos unha illa nun océano demasiado grande. Sumar esforzos pasa por ser o único camiño viable para un mundo necesariamente diferente.