Xornada sobre Zonas Libres de Transxenicos

*Amigos da Terra *en colaboración coa *Fundación Biodiversidad,*
organiza o vindeiro martes 27 de maio, unha xornada técnica sobre Zonas
Libres de Transxénicos (ZLT) no *Pazo da Cultura de Pontevedra.*

Fai dez anos que os organismos modificados xenéticamente (coñecidos como
transxénicos) autorizáronse no Estado, sen que se producise un amplo
debate social sobre a conveniencia de introducir esta tecnoloxía na nosa
agricultura e alimentación.

Earthlings - Terrícolas

***************************************************************

AVISO: ISTE DOCUMENTAL É EXTREMADENTE DURO E PODE FERIR A SENSIBILIDADE DO ESPECTADOR.

Consume ata morrer

Documental sobre a manipulación da publicidade comercial sobre as nosas vidas. Como nos van levando cara ao consumismo indiscriminado e ao individualismo egoista. O verdadeiro poder das grandes empresas de produtos e servizos.

Esixe unha lei contra a madeira ilegal

Greenpeace lanza unha campaña de recollida de firmas para crear unha lei que garantice un uso sostible dos recursos forestais.

A historia das cousas

Documental moi interesante que leva a reflexion sobre o noso consumo e os seus impactos sociais e ambientais.

Vídeos das VI Xornadas de Comercio Xusto

 

Mercadiño de troco o sábado 26 de abril

ARBORE, Amarante, Caleidoskopio e Verdegaia invitavós a participar nos mercadiños de troco e cesión.
que celebraremos o último sábado de cada mes na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, de 12 a 14:00 h, a partires do vindeiro 26 de abril.

¿Qué é unha cooperativa?

A cooperativa é unha sociedade de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de todos os socios. A súa finalidade consiste en prestar servizos e satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, mediante a súa participación activa e en interese pola comunidade. Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada.

¡Un café xusto, por favor!

 

Amigos da Terra xunto con ARBORE, Amarante e Mundos, impulsa a campaña Un café xusto, por favor! co obxectivo de implicar á sociedade na responsabilidade colectiva do modelo de consumo actual, fomentando o cambio cara alternativas xustas e sustentables de comercio local e internacional.

Plataforma Galega Antitranxénicos

 

O pasado 29 de Febreiro, constituiuse en Galiza a Plataforma Galega Antitranxenicos (OMX`s) con organización do eido do ecoloxismo coma Amigos da Terra, Verdegaia, Adega, do consumo consciente coma Semente, A Xoaninha, Eirado e ARBORE, e da agricultura coma o Sindicato Labrego Galego, APEGA e o CRAEGA.

 

proxecto fiare galiza