O 26 de novembro, Galicia libre de transxénicos

Xornadas internacionais de Economía Social de Vivenda e credito en Vigo

O día 21 e 22 de Novembro terá lugar a celebración das XORNADAS INTERNACIONAIS DE ECONOMIA SOCIAL DE VIVENDA E CREDITO.

Estas xornadas son organizadas entre a CIG e SINERXIA ao abeiro da liña de cooperación que están a levar a cabo as duas organizacións no ámbito da difusión da Economía social e solidária en Galiza, e que xa se concretou nunhas xornadas no mes de Xuño con experiencias internacionais da economía social no ámbito do traballo e o consumo.

Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende

Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo "Prestige" que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta, se ben este é  máis destrutor que o anterior. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos de Compostela, Ferrol, Ourense, Vigo, A Coruña, Mugardos e Ribadavia.

Proxección do documental "Falsas Esperanzas"

Greenpeace realizará á proxección do documental "Falsas esperanzas (Climate of Hope)".

A proxección terá lugar no Centro Cívico Casco Vello, na rúa Oliva 12 (Vigo) o día 20 de novembro ás 19:30h.

I Xornadas sobre Modelos de producción: Agroindustria vs Soberanía Alimentar

Os vindeiros días 18-21 e 26-29 de Novembro, así como 2 de Decembro celébranse en Lugo, na Faculdade de Veterinaria da USC, as “I Xornadas sobre Modelos de Produción: Agroindustria vs Soberanía Alimentar”, organizadas por VSF. As xornadas serán de 30 horas de duración e está solicitado o recoñecimento de 1 crédito de libre eleición. A matrícula é de 30 € e inclue o autobús para a visita a explotacións agroecolóxicas de 29 de Novembro.

O día dos idiotas !!

<< O 10 de setembro de 1831 foi fundada por lei a Bolsa de Madrid. Hoxe, sufriu a maior caída da súa historia (9,14%). A bolsa madrileña perdeu 120.000 millóns de euros na última semana, e no último ano o 40% do seu valor.
Wall Street completa tamén a peor semana da súa historia perdendo máis do 17 % do seu valor.
O barril de petróleo valía en xullo 146 dólares, hoxe vale 76,49.

A Universidade de Santiago de Compostela certifica a calidade das algas galegas vendiadas en Árbore

O estudio levouno a cabo o equipo de investigación de Julia López Hernández, profesora titular de Nutrición e Bromatoloxía da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela.

Según este estudio, as algas galegas son de alto valor nutricional e de plena seguridade para a alimentación humana.

As algas analizadas foron:

WAKAME
DULSE
NORI
KOMBU
ESPAGUETI DE MAR

Os resultados dos análisis determinan que as algas galegas teñen:

Mujeres en lucha contra el mercantilismo - Esther Vivas


7º Encuentro Internacional de la Marcha Mundial de las Mujeres

Esther Vivas

Unas 150 mujeres venidas de más de cuarenta países de todos los continentes participaron en el 7º Encuentro Internacional de la Marcha Mundial de las Mujeres que se celebró del 14 al 21 de octubre en Panxón (Galicia). Una reunión que permitió establecer las líneas maestras de trabajo de la organización para los próximos dos años, fortalecer las coordinaciones continentales y aprobar varios documentos estratégicos.

Amarante lanza a páxina web pidecafexusto

Dende a semana pasada, Amarante ten a páxina de www.pidecafexusto.org xa operativa en Galego.
Según a ONG debe ser unha ferramenta fundamental até xaneiro 2009 para presionar ás universidades de Vigo e Compostela para que distribúan café de comercio xusto nas súas instalacións cara a unha compra pública máis responsable e solidaria.

Curso de cociña consciente

Árbore, Amarante e Caleidoskopio organizamos un curso de cociña
consciente este sábado día 1, de 10.00 a 14.00 no local de
Caleidoskopio na rúa Romil 3.

Todólos produtos que usaremos serán de agricultura biolóxica e de comercio xusto.

O menú que imos preparar vai ser:

1 prato. Crema de cabaza,

2 prato. Quinoa con lombarda e mazá,

Bebida. Leite de arroz.

 

proxecto fiare galiza