2º Encontro de Sistemas Participativos de Garantía / 17-18 Xuño 2016

Celebrarase nos vindeiros días 17 e 18 de Xuño un encontro de Sistemas Participativos de Garantía, un sistema para a autocertificación agroecolóxica e social para o consumo e a produción de alimentos.

Se estades interesados, podedes atopar máis información sobre o SPG a Gavela do sudoeste da provincia de pontevedra en (que organiza o evento): http://spg.saramaganta.info/

Formación con UGACOTA / Xuño e Xullo

Obradoiros gratuítos en Xuño e Xullo na Rede Eusumo.

UGACOTA continúa coa Programación de Actividades Formativas 2016 no marco da Rede Eusumo.

Presentamos 8 cursos presenciais e gratuítos previstos para os meses de Xuño e Xullo, nas localidades de A Coruña, Sada, Ames, Vilagarcía de Arousa e Vigo, todos os cursos son en horario matinal, e teñen unha duración de 20 horas cada un, xa podes inscribirte neles. Estas son as accións e materias que se van a impartir :

- Contabilidade para o emprendemento cooperativo
- Por que non traballamos en equipo?
- Formación cooperativa para persoas que queren emprender
- Elabora o teu plan de empresa cooperativo

Consulta as datas, os programas, e inscríbete na web ugacota.coop.

Encontro da Rede de Sementes / Gondomar, 14 de Maio

Olá que tal!
Este Sábado o longo de todo o día estaremos ca mesa de troco de sementes diante do concello de Gondomar. Tamén haberá un pequeno mercadiño de alimentos e plantons da agricultura familiar tradicional y ecolóxica.
Pola mañan unha charla do colectivo Onda vital titulada A Terra Fonte de Vida e pola tarde unha mesa redonda: Tecendo Alternativas. Recuperando a confección da nosa roupa onde falan costureiras maiores do Val Miñor xunto con xente mais nova.

Actividades Escola Semente / Maio

Caras amigas e amigos,
No sábado (dia 7) de manhã decorrerá umha nova jornada de portas abertas para quem quixer visitar a escolinha ou saber mais do projeto.

 

proxecto fiare galiza