As Encrobas, 40 anos / 10 Febreiro, Café de catro a catro

[Información enviada por Ecoar]

Mércores 08.02 / Usos de 113 plantas silvestres - Cesar Lema Costas

Este mércores 8 de febreiro, ás 20:00 h teremos unha nova actividade no local social da nosa cooperativa: César Lema Costas presentaranos un novo libro no que participa: Usos de 113 plantas silvestres – Bienaventurada la “maleza” porque ella te salvará la cabeza”.

 

Comunicado da Rede de Coordinadoras Autonóminas de ONGD

Na reunión de presidencias das Comunidades Autónomas do 17 de xaneiro, aprobouse poñer en marcha un Plan de emerxencia entre o goberno español e os executivos autonómicos para enviar recursos e material de Axuda Humanitaria á poboación refuxiada dos campos da fronteira europea, así como axilizar a chegada das 17.377 persoas refuxiadas que o Estado español se comprometeu a acoller.

Dende a Rede de Coordinadoras Autonómicas de ONG de Desenvolvemento, denunciamos o atraso con que o goberno español está a reaccionar ante o drama que viven ás persoas migrantes que queren chegar a chan europeo. E ante a proposta de Plan de Emerxencia, esiximos:

Boletín da coordinadora galega de ONG para o desenvolvemento

Podedes atopar no Boletín da coordinadora diversas noticias e algunhas ideas para axudar as persoas refuxiadas.

Enlace

Campaña de Sensibilización contra os tratados de libre comercio

A nosa cooperativa forma parte da Plataforma Non ao TTIP Galiza.
Compartimos o enlace para entender e participar na Campaña de Sensibilización que se iniciou en Xaneiro.

Agardamos que sexa do voso interese.
Un saúdo

Os datos de Coop57 no 2016

Podedes consultar un resumo dos hitos máis relevantes no 2016 de Coop57.


Árbore é socia desta cooperativa de servizos de financiamento dende a fundación da sección territorial galega e ten feito uso dos seus servizos no 2015.

#SteviaLibre, Campaña contra a prohibición da comercialización de Stevia en folla

Por petición dun socio da cooperativa damos publicidade á campaña #SteviaLibre da que podedes atopar máis informacion pinchando no enlace.


Agardamos que sexa do voso interese e decidades participar na campaña.


Un saúdo!

Acto SOS Racismo Galicia- Vigo: " Día Internacional das Migracións"

18 de Decembro “Día Internacional das Migracións”

 

proxecto fiare galiza