Xornadas de Cooperativismo e Economia Solidaria / 30 Marzo-01 Abril Cova do Ratos, 20:30h

Cea Vegana no Patio de Guixar

[Información enviada pola organización]

O vindeiro venres día 18 teremos a "cea vegana" de marzo no local da Asociación, as 21:30.

Convite a coñecer o Bosque de Beni

Benquerida xentiña :

Unha vez mais a asociación “O Bosque de Beni, espazo de aprendizaxe en liberdade para crianzas e persoas adultas”, abre as súas portas para acoller a todas aquelas persoas que desexen coñecernos mellor.
Esto acontecerá o vindeiro : VENRES 11 de Marzo de 17:00- 18:00 h
Alí estaremos acompañantes e familias para amosarvos o espazo que habitamos e recibir as vosas dúbidas e achegas.
Sería mais doado para nós si puiderades comunicarnos a vosa asistencia no correo-e : obosquedebeni@gmail.com  Un saúdo. O Bosque de Beni

Presentación do Sistema Participativo de Garantía "A Gavela"

O Sistema Participativo de Garantía “A Gavela” nace como unha alternativa construída en colectivo. O obxectivo é procurar un selo que identifique os produtos que consumimos na nosa alimentación.

Crea cooperativas so servizo gratuito de Espazocoop / Ata o 16 de Marzo

Se che interesa poñer en marcha unha cooperativa, conta con Espazocoop para apoiarte.

O fin de Espazocoop tamén é impulsar novas cooperativas, a súa creación precisa de orientación, información, e acompañamento especializado, somos unha entidade de referencia no movemento cooperativo galego, contamos con profesionais experimentadas que coñecen o modelo e as particularidades que distinguen ás cooperativas, e tamén todos os aspectos que lle dan valor.

A cooperativa sérvenos para organizar e dar resposta a distintas necesidades (traballo, consumo, servizos …), en base a principios de xestión democrática, participación, autoxestión, axuda mutua, ou igualdade…

Formación Cooperativa Gratuita (persoas que queren emprender) / Vigo, 8-11 de Marzo

Formación ofertada por UGACOTA (Unión de Cooperativas de Traballo Asociado). +info

Análise do Cumio sobre o cambio climático / 24Feb ás 12h, Facultade Bioloxía, Vigo

[Información enviada por Amigos da Terra]

Análise científica e ecoloxista despois do Cumio do Cambio Climático

 

 

proxecto fiare galiza