Facerse socia

"Xa coñezo Árbore e quero facerme socia"

Se xa tes claro que queres formar parte da cooperativa, podes encher o seguinte formulario en liña: https://goo.gl/forms/Tx9Vf4M3eqrYuqSG3 para solicitar unha entrevista, que é un requisito previo para poder ser socia.

Outras opcións son:

a) enviar un correo electrónico co teu nome e teléfono a info@arbore.org

b) pedir no mostrador da cooperativa un modelo de solicitude de entrevista, cubrilo e entregarllo á persoa que te atendeu.

A partir dese momento, porémonos en contacto contigo, co fin de concertar unha entrevista, na que se te explicarán detalladamente os pasos a seguir para ser socia e algunhas cuestións sobre o consumo consciente. Ti tamén poderás facer as preguntas e observacións que consideres oportunas.


"Prefiro informarme máis antes de solicitar a entrevista"

Nese caso podes ler as seguintes liñas:

Pasos para facerme socia

Todas as socias teñen que aportar un capital social para poder pertencer á cooperativa. O capital obrigatorio para cada socia é de 90 € pero tamén se pode aportar un capital social voluntario. 

O compromiso de permanencia na cooperativa é dun ano, transcorrido o cal, podese deixar de ser socia e polo tanto solicitar a recuperación da inversión inicial, é dicir, o capital social.

A cooperativa emprega os cartos do capital social para invertir nos seus procesos productivos, deste xeito cada nova socia permite o crecemento e estabilidade do proxecto.

Ademáis do capital social, as socias aportan unha cota de 6 € ao mes, é dicir 72 € ao ano, o que permitirá ter acceso aos descontos comercias establecidos na Asamblea Xeral.

Descontos para as socias:

Desconto base: 5%

Cesta básica: 12%

É importante ter en conta que para recuperalo Capital Social deberás ter ó día todas as túas obrigas económicas coa cooperativa e presentar con dous meses de antelación a túa solicitude de baixa.

O capital social voluntario é sempre reembolsable.

Algúns dereitos e deberes das socias de Árbore:

Deberes

Cumprir con tódalas achegas económicas establecidas pola Asamblea Xeral
Asistir ás asambleas xerais da cooperativa

Dereitos

Información transparente sobre as estructuras económicas e sociais, isto é, ter acceso aos distintos documentos internos e información da Cooperativa: actas, contas, propostas, e solicitar por escrito do Consello Reitor calquera aclaración e informe sobre a marcha da cooperativa.

Voz e voto na Asamblea, máximo órgano de decisións da cooperativa.

A formular propostas e participar nos ógranos internos da cooperativa: comisións, consello reitor e Asemblea.

A ser elector/a e elixíbel para os cargos dos órganos sociais da cooperativa dentro da Asamblea: vogal, tesoureira, interventora, secretaria, vicepresidenta ou presidenta.

Acceso aos descontos comerciais establecidos na Asamblea (a menos que non estés ó día coas túas obrigas económicas)

 

Reparto dos beneficios:

(O Rexistro de Cooperativas otorgounos a calificación de cooperativa sen ánimo de lucro).

Ao ser unha empresa social, os beneficios son para tódolas socias/os dentro das determinacións da Asamblea Xeral , os estatutos da cooperativa e a lei de cooperativas de Galicia.

O habitual ata o momento ten sido destinar os beneficios xerados pola actividade da cooperativa a reservas voluntarias e obrigatorias, por tanto á reinversión dentro da cooperativa.

Responsabilidade en caso de débedas.

A Asamblea Xeral poderá propoñer as medidas que considere oportunas para amortizalas débedas, sempre dentro da legalidade vixente. O habitual é a amortización a un número determinado de anos, sen afectalas socias/os.

Responsabilidade en caso de quebra.

No caso de quebra da cooperativa, as socias responden das débedas que poida contraer a sociedade ata o límite do seu capital social desembolsado, nada máis.

¿Por qué facerme socia da cooperativa?

Estas son algunhas consideracións sobre a actividade que levamos a cabo. Existen moitos motivos para sumarse a iniciativas como ésta. Lembra que Árbore é absolutamente independiente de partidos políticos, sindicais, etc. independente de espacios partidarios, sindicais e económicas pero con relación co tecido social e asociativo.

 

ÁRBORE NON É MÁIS QUE UNHA SUMA DE PERSOAS INTERESADAS EN MELLORAR A SOCIEDADE NA QUE VIVIMOS.


1. Os alimentos que comercializamos a través da Cooperativa son da máxima calidade: son máis sabrosos e tamén poseen todalas propiedades nuricionais e organoléticas que lles son propias (xa máis alá doutros beneficios para a saúde que sempre poderían ser cuestionados pola agro-industria).

 

2. Cercanía: podes consumir alimentos que proceden do teu entorno máis cercano a prezos similares aos de alimentos de peor calidade que proceden de lonxe. Posibilitando estas produccións locais estás creando riqueza no teu entorno. O minifundio é idoneo para unha producción diversificada e de calidade. Cecais ti ou os teus fillos podedes vivir -dignamente- disto nalgún momento, se as canles comerciais existen e os saberes do rural fican vivos.

 

3. Asociarse non é nada caro: 90€ ao capital social (unha única vez, ou en catro veces), e as cuotas anuais son moi pequenas. Se hai beneficios se reinvirten na cooperativa.

 

4. Mellor cantos máis sexamos (dentro dun límite, lóxicamente): a túa asociación danos forza e independencia. Poderemos levar a cabo máis proxectos para facilitar un consumo responsable e o desenvolvemento do rural máis próximo, crear postos de traballo de calidade, etc.

 

5. Alimentos ecolóxicos e xustos para todos: Cantos máis sexamos, menos elitistas serán os alimentos de calidade. Xa agora, os prezos para as socios son os máis baratos do mercado, pero poderase mellorar máis se aumentamos a nosa demanda interna. É cuestión de volumen, e lembra que as contas da Cooperativa son transparentes para as socias e socios.

 

6. ¿Canto podes facer co teu consumo? Moito. Tes a posibilidade de participar nun proxecto social, que beneficia enormemente ao teu entorno. Podes facer valer a túa voz e as túas ideas, tanto nas comisións que desenvolven diversos aspectos da Cooperativa como nas Asambleas Xerais -nas que se toman as decisións importantes, o máximo órgano de goberno da Cooperativa-.

 

7. Non hai responsabilidade persoal: as socias dunha Cooperativa, por lei - e ao contrario do que acontece con outras fórmulas xurídicas - só son responsables ata o límite do capital desembolsado. De todas formas, o goberno económico da cooperativa faise sempre dende as máximas da prudencia e da responsabilidade de cara as propias socias da cooperativa como para outros axentes da cadea (produtoras, provedoras, clientas...).

 

Participamos de Coop57, Fiare, Rede estatal ECJ, A Gavela, Som Energia, Plataforma polo Banco de Terras, Campaña contra o TTIP, Fundadores VigoTroca, Fundadores Plataforma Antitransxénicos, membro da Federación Sinerxia.


"Vale, quero facerme socia"


Se xa tes claro que queres formar parte da cooperativa, podes encher o seguinte formulario en liña: https://goo.gl/forms/Tx9Vf4M3eqrYuqSG3 para solicitar unha entrevista, que é un requisito previo para poder ser socia.

 

Outras opcións son:

 

a) enviar un correo electrónico co teu nome e teléfono a info@arbore.org

b) pedir no mostrador da cooperativa un modelo de solicitude de entrevista, cubrilo e entregarllo á persoa que te atendeu.


A partir dese momento, porémonos en contacto contigo, co fin de concertar unha entrevista, na que se te explicarán detalladamente os pasos a seguir para ser socia e algunhas cuestións sobre o consumo consciente. Ti tamén poderás facer as preguntas e observacións que consideres oportunas.

 

proxecto fiare galiza