O fracaso da Unión Europea social

"O fracaso da proposta européa no referendum marca o fin da estratexia utilizada ate o de agora para profundizar na integración do continente", así abria o xornal "Irish Times" o pasado 13 de xuño, cando os irlandeses mandaban ao lixo o tratado de Lisboa con un bastante axustado NON.

"Apenas 100.000 votos non poden mandar ao traste o que acordaron 500 millóns de cidadáns" comentaban algúns peregrinos opinólogos dos diarios que se din máis de esquerdas no noso país.

Mentras o medo o teñen agora os irlandeses, por quedar afastados do proceso de converxencia, outros países sobre todo do leste negan a posibilidade dunha Unión Européa de duas velocidades. Esquecendo que de feito tal cousa xa se da, a Europa dos tecnócratas e ideólogos por un lado e a dos cidadáns de a pe polo outro.A contrucción europea a marxe da cidadanía forma parte da estratexia dos intelectuais para impoñer o seu criterio.

Non podemos ser inxenuos e pensar que foron os antiliberais, a xente progresista e de esquerdas coas ideas ben claras os que derrubaron o presente tratado fai uns días e os que fixeron o propio en Francia e Holanda no 2005. O crisol de ideas mesturadas e confusas que deron como resultado un maioritario "non" está moi lonxe dunha cidadanía crítica e consciente que busca unha Europa diferente e que utiliza as consultas como forma de expresión.

O recente "suceso" irlandés so ten unha explicación nunha cidadanía dubitativa, desconfiada dunha Europa que lle queda grande, dunha idea que so existe na mente duns poucos e que so se pode poñer a funcionar a marxe da opinión popular. A lectura do NON irlandés non pode ser máis que positiva para os que queremos un unión política real e social na que os paises de este lado do Atlántico lideren a oposición a un modelo económico dominante e de dominación. O fracaso do tratado de Lisboa retrasa a implementación da Europa máis liberal pensada de espaldas a cidadanía, con menos poder para as institucións elixidas directamente e afianza a democracia representativa, alonxando ao cidadán da toma de decisión e polo tanto de algunha posición desde a cal puidese exercer algún tipo de control.

A Europa do tratado por unha CONSTITUCIÓN EUROPÉA, e a Europa do TRATADO DE LISBOA son a mesma, e eu brindo polo seu fracaso, pero non debemos esquecer que estamos tan lonxe da Europa que queremos que compre agora máis que nunca ser capaces de presentar alternativas sólidas que permitan pensar de outra maneira e que poidan opoñerse ao modelo económico dominante.

Queda moito por facer.

 

proxecto fiare galiza