Naturavia é un laboratorio que xorde como alternativa á cosmética convencional, a cal tende cada vez máis a utilizar nas súas formulacións produtos sintéticos pouco beneficiosos para a nosa pel e para o medio ambiente, como tensioactivos sintéticos, conservantes e perfumes artificiais que adoitan ser os causantes dos problemas de sequedad, irritación e sensibilización da pel.
Na comarca do Ribeiro, en pleno corazón de Galicia, elabóranse de forma totalmente artesanal produtos cosméticos a partir de ingredientes de orixe natural, a maior parte de procedencia ecolóxica. Aceite de améndoas, oliva ou rosa de mosqueta, extractos de plantas típicas de Galicia, como o romeu, a menta ou o fiuncho e aceites esenciais de primeira calidade son as principais materias primas que usan.
As súas receitas combinan a sabedoría ancestral cos novos coñecementos dando lugar a fórmulas que axudan a recuperar e manter o equilibrio natural da pel.
Comercializan seus produtos na súa tenda-obradoiro en Ribadavia, na rúa Merelles Caula, na súa tenda on-line, e puntos de venda en toda Galicia, entre eles, Árbore.

Os seus valores:
Cosmética respectuosa coa nosa pel e co medio ambiente.
Co medio ambiente:
- Os métodos de fabricación que empregan non son contaminantes
- A maioría dos ingredientes utilizados son ecolóxicos, procedentes de cultivos onde non se permite o uso de pesticidas...
- Non provoca residuos químicos, nin agresivos que sexan prexudiciais para o medio ambiente
- Non utilizan derivados do petróleo
- Non testan en animais
- Os produtos son biodegradables e biocompatibles
- Reducen ao máximo o uso de embalaxes e papel
- Utilizan envases con materiais reciclados e/ou reutilizables

Tenda de Naturavia no centro de Rivadavía
Co coidado da nosa pel:
- Ademais de non ser agresiva para esta, fortalece e mellora as funcións dérmicas grazas aos compoñentes químicos naturais das plantas.
- Utilizan produtos naturais compatibles coa nosa pel, que respectan o equilibrio natural da nosa pel e axudan a mantelo.
- Non usan conservantes, aromas ou colorantes sintéticos que son os causantes da maioría das alerxias cutáneas
- Non usan produtos petroquímicos como a vaselina ou a parafina que a nosa pel non recoñece e por tanto non a nutre.
- Utilizamos aceites esenciais puros 100% e a maioría ecolóxicos que ademais de perfumar os produtos achegan beneficios magníficos para a nosa pel.
Recorda, non lle des a pel algo que non poidas comer.
Dende Árbore, queremos apoiar este proxecto galego de xovenes emprendedores que apostan pola cosmética natural e ecolóxica. En Xullo, na cooperativa.

Carla e Pepe, xovenes emprendedores deste proxecto
+info: http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/06/09/0003_8536846.htm








