Mostra do posible, Xornadas de Alternativas Reais / 7 e 8 de Outubro

Xa está pechada a programación de actividades... É o momento de comunicar qué imos facer na fin de semana do 7 e 8 de outubro para que a Mostra sexa un éxito.

Finalmente somos 54 os colectivos e entidades sociais participantes!!. Podedes consultalos en www.mostradoposible.gal

Durante esa fin de semana vanse realizar 24 actividades: 6 mesas redondas, 2 presentacións, 2 charlas, 3 obradoiros, 3 actividades sociais, radio en directo, 2 actividades infantís, 4 concertos e unha intervención poética. Ademáis, haberá zona de acampada gratuíta e xantares a prezos populares.

Podedes atopar máis información nos documentos axuntos así como nas canles de facebook e twitter. Aqui deixamos tamén o enlace ao video promocional.

A Rede Galega de Sementes participará na Mostra do Posible, 8 outubro, en Cangas do Morrazo. Durante o domingo día 8 (11 a 14h e de 17 a 20h) estaremos coa mesa de troco de sementes. Achégate a compartir esta xornada e trae as túas sementes para trocar!!!!

Un saúdo, alí nos veremos


AdxuntoTamaño
cartel_mostra.jpg390.01 KB
programa_mostra_do_posible.pdf1.78 MB

 

proxecto fiare galiza