Móllate polos ríos / Vigo, 1 de Outubro

[Enviado por Lagares Vivo]
Prezado/a amigo/a:

Como cada ano, Adega organiza no marco do Proxecto Ríos a Limpeza Simultánea de Ríos en toda Galicia. Nesta ocasión, a coordinación da actividade en Vigo tócalle á Lagares Vivo. Convocámosvos, pois, á limpeza dun treito no río Lagares o vindeiro domingo, 1 de outubro ás 11:30 horas na Ponte das Coutadas (Severino Covas, 244; Localización ).

Recoméndaselles aos participantes que veñan equipados con botas de auga e luvas.

Achegámosvos no correo os cartaces da actividade.

Un saúdo

 

proxecto fiare galiza