Xestos cotiáns para mercar doutro xeito

Cada pequeno xesto pode significar evitar un desastre. Só temos que imaxinar as consecuencias de cada decisión que tomamos. Xestos cotiáns para mercar doutro xeito. Deberamos sempre...

Reparar nos MATERIAIS de que está feito o que imos mercar: 1) Fuxir de plásticos, tanto no produto coma nos envases. 2) Preferir materiais de calidade e duradeiros, mellor reciclados ou reciclables, que se poidan amañar cando se estraguen . 3) Todos os produtos de usar-e-tirar teñen o seu equivalente máis duradeiro, pénsao 4) Evitar produtos de limpeza e cosméticos agresivos, polo xeral son moito máis respectuosas co medio as solucións caseiras. 5) Optar polos produtos máis primarios e facer nós toda a elaboración posible. 7) Todo é biodegradable, pero pode producir substancias moi danosas durante a súa degradación, e tardar unha chea de anos en a completar; os materiais plásticos son especialmente agresivos co medio, producindo consecuencias extremadamente graves. 8) Evitar os obxectos que funcionan a pilas, mellor se non gastan nengún tipo de enerxía.

Ver en que CONDICIÓNS facemos a compra 1) Asegurarnos de que nos fai falla e rexeitar agasallos promocionais que non precisamos. 2) Evitar envases innecesarios, optar por graneis e empregar as nosas bolsas de tea ou outro material non agresivo. 3) Non usar o coche se non é preciso. 4) Ver de onde vén (mellor preto) e en que condicións se produciu: sociais e medio ambientais. 5) Tratar antes de nos facer co produto de 2ª man ou, se non o imos empregar moito, ver de o alugar ou pedir prestado. 6) É mellor deixar os mesmos cartos en amañar un obxecto que tiralo e mercar outro novo.

O xeito controlar que estamos realmente a mercar é que sexa en tendas pequenas e especializadas, en que nos han dar un trato persoal e atender ás nosas inquedanzas, ademáis de ofrecer unha información fiable, pois nun supermercado seguramente non nos cheguen a aclarar nada, porque se procura un xeito de mercar en que do produto só importan o aspecto e mailo prezo. Cada pequeno xesto pode significar evitar un desastre. Só temos que imaxinar as consecuencias de cada decisión que tomamos.

Noe Cachaza, A Xoaninha

 

proxecto fiare galiza