O simple feito de lavarse as mans, cepillarse os dentes, ducharse ou aplicar un desodorizante pode por en perigo a nosa saúde. Parece unha observación esaxerada, pero a realidade e que só se coñecen os efectos de menos do 10% das sustancias químicas coñecidas e sen embargo, as autoridades non endurecen a lexislación aplicando o principio de precaución. Ademáis deste coñecemento, sabese e está demostrado que algunhas das sustancias máis habituais na cosmética convencional teñen efectos adeversos para a saúde. Novamente as autoridades sanitarias non fan nada.
A lexislación Europea soamente obriga a declarar na súa embalaxe os ingredientes dun produto cosmético (só faltaría que fose doutra maneira) coa notación INCI (Nomenclatura Internacional de Ingredientes Cosméticos). Só as substancias extraídas directamente de plantas (sen alteracións químicas) noméanse segundo a nomenclatura botánica: xénero e especie, en latín.
Presentase a continuación unha listaxe de productos químicos habituais na cosmética convencianal potencialmente perigosos:
Aceites minerais:
Sustancias petroquímicas que se usan como antibacterianos e para mellorar a textura das cremas.
Seu uso industrial resulta rendible polo seu baixo custe. Dalgúns deles tense demostrado que son irritantes, estresantes a nivel celular, crean problemas como a dermatite, sequedade, problemas de riñon, fígado e en último caso poden ser canceríxenos. Podemos atopoar neste grupo:
- Petrolatum (Vaselina)
- Paraffinum Liquidum
- Paraffinum Subliquidum
- Cera Microcristallina
- Microcrystalline Wax
- Ozokerit
- Ceresin
Ftalatos:
Son sustancias disolventes e suavizantes. A paradoxa deste compostos é que están prohibidos nos xoguetes infantis, pero non para botar a diario na pel dos adultos. Entre os problemas asociados atopamos: danos no sistema reproductor, no sistema endocrino, aumenta o risco de padecer asman e tamén en último caso, cancro. Neste grupo atopamos:
- DEHP
- DBP
- BBP
- DINP
- DIDP
- DNOP.
Fenol y fenil:
Son sustancias que se utilizan como desinfectantes e conservantes. Poden ter efectos tóxicos en contra do sistema nervioso central, o corazón, o hígado, o riñón e a pel. Engadese principalmente nos enxagues bucais e nas lacas de pelo. Neste grupo podemos atopar:
- Nitropheno
- Phenolphthalein
- Chlorophenol
- Phenylenediamine sulfate
continuará...
