A lentella

A lentella está recomendada para a anemia, pola súa gran cantidade en ferro, porén, a vitC presente nos alimentos acompañantes aumenta significativamente a taxa de absorción do ferro.

Moi boa contra o estreñimiento por ser rica en fibra.
Non provocan unha subida brusca de glicosa a pesar de ter moitos hidratos de carbono, xa que estes son de absorción lenta polo que os diabéticos poden consumiras.
A súa fibra arrastra coas feces, o colesterol contido noutros alimentos, convén pois a quen queiran reducir o seu nivel de colesterol.
Para as embarazadas é un alimento ideal, pois ademas do ferro e a fibra contén tb folatos que preveñen as malformacións do sistema nervioso do feto.

Por cada 100 gr:
Fibra- 30.5%
Minerais- 2.70%
Hidratos de carbono- 26.6%
Graxa- 0.960%
Proteinas- 28.1%
Auga- 11.2%

Formas de preparción:

1) COCIÑADAS: É a forma habitual de consumir as lentellas. Por acción da calor, as fibras de celulosa fanse mas brandas, o que facilita a dixestión; ademais destrúense as lecticinas (proteínas tóxicas) que presentan todas os legumes cruas. Convén telas unhas horas a remollo antes da cocción.

2) PURÉ: É mais doado de dixerir que as lentellas enteiras, especialmente se ó elaborar o puré elimínase a pel que as recubre. Estas peles conteñen polisacáridos indixeribles que producen flatulencias intestinais.

3) FARIÑA: Elabórase nos países do norte de África e no oriente Medio e Próximo. Úsase mesturada coa fariña dos cereais, para aumentar o achegue de proteínas da dieta.

 

proxecto fiare galiza