Leituga

Lactuca sativa (científico), Lechuga (castellano), Lettuce (english).

Substancias: hidratos de carbono (1%), proteína (1,3%), graxas (0,2%), fibra (1,5%), vitamina A e carotenoides, vitaminas C, K, ácido fólico, potasio, cinc, flavonoides.

Propiedades: debido aos seus antioxidantes e fitoquímicos, ácido fólico e potasio prevén as enfermidades cardiovasculares por arteriosclerose. Pola súa fibra axuda a previr o estrinximento. Polo seu ácido fólico prevén malformación fetais se se inxire desde un mes antes até o terceiro trimestre de embarazo. Prevén diversos tipos de cancro de órganos con mucosa. Ten efectos beneficiosos sobre a retina protexéndoa da DMAE. A leituga e outras verduras verdes poderían previr a osteoporose debido á súa riqueza en nutrintes que protexen a mineralización do esqueleto como son o potasio, o boro ou a vitamina K. Resulta aperitiva, favorece a boa dixestión e aporta a fibra que estimula e limpa o intestino. Beneficia enormemente ao sistema nervioso debido ao seu ácido fólico.

Aproveitamento: as variedades máis nutritivas son a romana e a roble. A cantidade de vitaminas é maior nas follas verdes do exterior da leituga.

Mitos: é verdade que ten efectos sedantes, son doses moi baixas.

Riscos: acumulan moitos nitratos, sobre todo se son de invernadoiro.

 

proxecto fiare galiza